Xornada con 5 encontros este sábado, dun total de 41 que se xogan nesta fin de semana do 11 e 12 de Febreiro, antre as ligas dos senior masculinos e femininos, e as duas ligas de veteranos.
No que se refire a 3ª da Costa, hai dous duelos na parte alta co Porteño-Sporting Zas, 1º contra 4º, e o Buño-Baiñas, 3º contra 2º. Ademáis hai o derbi Sporting Seaia-Malpica, e nesta liga hai un encontro na tarde do sábado, o Castrelo-Camelle.
Na Liga da Costa, hai un Muros-Camariñas na tarde do sábado e logo temos un máis ca interesante, Corme-Castriz, (2º contra 3º), dous equipos de gran nivel, loitando ata o de agora polo posto de promoción, e tamén hai un derbi, o Monte Louro-Volantes de Baño.
Na 1ª Galicia G2 ACosta/Santiago, hai un derbi, o Xallas-Baio-Dumbría, que ademáis xógase sábado. O resto de equipos costeiros xogan Domingo, o Dumbría, e Soneira na casa, e o Mazaricos e Esteirana fora.
En Preferente, Sofán e o Fisterra busxcará endereitar o seu camiño, o dos sofanistas volve a ser toro, coma no inicio de liga, e o dos fisterráns, parece que non hai maneira de endereitalo, pero os rapaces dano todo por sacar algo positivo e seguir crecendo.
Nas Ligas Femininas derbi en Torodia coa visita do Bergantiños, e ningún outro equipo costeiro coindcide en derbi nesta xornada. O sábado hai un Vista Alegre-Miúdas e un Xallas-Dubra.
…Tralos encontros tódolos resultados e despois as crónicas, como cada semana.
PREFERENTE NORTE
-22ª Xornada-
SD O Pino-SD Sofán
Domingo 12/02/2023 ás 12:00 horas
SD Dubra-SD Fisterra
Domingo 12/02/2023 ás 16:30 horas
-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es