AXENDA DE TODO O FÚTBOL DA COSTA MASCULINO, FEMININO E VETERANOS PARA A FIN DE SEMANA DO 4-5 MARZAL.

SONY DSC

 

Na 3ª da Costa, o Porteño e o Baiñas, que loitan polo título e o ascenso direto teñen rivais que se están a xogar postos de promoción, encontros que serán seguidos de reollo polo Laxe, Sporting Seaia e Pereiriña, que dependen de que os os equipos de posto de promoción perdan e eles gañen para poñerse na pomada da loita por entrar na promoción.

 Na Liga da Costa, os 3 pimeiros que loitan pol título e o ascenso direto, así como por asegurara as duas prazas da promoción, teñen rivais da zona media e baixa da clasificación, namentras que na loita pola permanenza hai duelos diretos, ou con equipos en terra de ninguén, agás o Corcubión que recibe a o Corme, con necesidades totalmente opostas.

Na 1ª Galicia G2 ACosta/Santiago, o duelo estelar sen dúbida é o derbi costeiro, Xallas-Dumbría, que se xa ten importancia por ser dous equipos dacosta, colle maior relevancia ao ser coa loita poor todo, en especial pola promoción. Non é menos importante o Torodia-Baio, duelo direto pola permenaneza. Mazaricos e Esteirana xogan fora con necesidades, en maoior ou menor medida de puntuar. Duelo de “titáns” o que enfronta ao Soneira e o Negreira, na loita da parte alta a por todo.

En Preferente, O SD Fisterra recibe no Arasolis ao Sarriana, o Domingo 5 de Marzal a partires das 17:00 horas, e o SD Sofán recibe no Carral ao Residencia, tamén o Domingo, a partires das 18:00 horas.

Nas Ligas Femininas recuperase a competición na 4 ligas que levamos con equipos costeiros, ytralo parón do “Entruido”.

-Nos Veteranos da Costa, segue a loita polo título na División de Honra, e na 1ª Galicia, nesta última con máis pretendentes. Na División de Honra ademáis non haio nada dito sobre os descensos, polo que a loita tamén está moi fermosa.

…Tralos encontros tódolos resultados e despois as crónicas, como cada semana.

 

 

 

 

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”