O Muxía visita o Cee choque antre dous históricos.
Aquí tes nun só artigo e en cómodas táboas tódalas ligas senior, tanto masculinas como femininas, así coma as de Veteranos da Costa, tódolos encontros e horarios tanto de ligas totalmente da costa, como as que teñen equipos costeiros. Tralos encontros iremos poñendo os resultados. Para a xornada sabatina tan só temos 4 encontros. Dous deles na Liga da Costa, un en Monte Louro e o outro en Camelle. No fútbol feminino hai un en Santa Comba na 2ª Galega, e nos veteranos, hai un en Vimianzo na División de Honra, o resto de encontros son todos mañán Domingo, con varios encontros pola mañán.
Tamén podes ver a nosa axenda do Fútbol 11 Base da Costa PREMENDO AQUÍ.
-Foto e Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”