Na 3ª da Costa, o Porteño celebrará o ascenso direto que acadou a pasada semana ante os seus, cunha festa preparada, para a cal o seu adestrador, Javi Baña, invitaba a afección dende a nosa web nunha “Carta a corazón aberto”, agradecendo o apoio o equipo e os esforzo aos seus. De conbidado de pedra o vreciño Camelle, que ainda qwue ten o 80% do camiño feito para xogar a promoción, levará gran cantidade de afeccionados s Grixa, coma de costume e en case tódolos campos. Nesta liga, na que o segundo en discordia. Baiñas, ten un complicado encontro ante o Pereiriña, hai un encontro o sábado, o Ameixenda-Castrelo, que non se xogan nada, pero si moito, pois cada vitoria conta.
Na Liga da Costa ets sábado hai un encontro m oi importante no que o lidr San Lorenzo recibe o cuarto, Castriz, que loita por entrar na promoción e ao que as lesións lle están a impedir estar nunha loita máis apretada, pero que é un rival moi complicado. Para o Domigo o duelo áis relevante é o derbi Cee-Corcubión, o duelo da ría, cos corcubioneses buscando escapar dos postos de perigo e os ceenses non entrar neles. A loita máis grande está pola permanenza.
Na 1ª Galicia G2 ACosta/Santiago, tódolos equipos están en loita, os que o fan por entrar na prooción ou o ascenso direto, e os que o fan por no descender. Destacar sobre todo o Baio-Soneira, os baieses na loita pola salvación e os vimianceses, pola permanenza.
En Preferente, O SD Fisterra visita no “Arca” o SD O Pino, o Domingo 12 de Marzal a partires das 16:00 horas, e o SD Sofán visita ao Galicia de Mugardos no “A Pedreira”, tamén o Domingo, a partires das 17:00 horas.
Nas Ligas Femininas tan só un enocntro o sábado das 4 ligas con equipos costeiros, o que enfrontará o Cerqueda e o Órdes. No que se refire a derbis, nesta xornada só hai un, o que enfronta o Xllas e o Dumbría na 2ª División Galega.
-Nos Veteranos da Costa, Segue a pechada loita polo título en ambas ligas costeiras. Falla saber se o Arasolis se presentarará trala desfeita arbitral da pasada seman, que tivo ata 4 expulsados, con cabreo monumental dos fisterráns, como puidéchedes ver na nosa web, e ataque frontal da Federación cas sancións.
…Tralos encontros tódolos resultados e despois as crónicas, como cada semana.
-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”