O Muxía visita a Esteirana nun encontro intrascendente.
e xogarse a xornada do Fútbol 11 Base da Costa, (xuvenís, e cadetes). Nas clasificacións dos xuvenís e cadetes traémosvos os que están a loitar polo título ou pola promoción. En xuvenís xógase a penúltima xornada e o Xallas que descansa nesta xornada esperará vendo dende o “sillón” a ver o que fai o Dumbría en Cee.
Os xalleisos son líderes con 4 puntos sobre os dumbrieses, pero ollo que unha vitoria dos de Dumbría en Cee deixaría todo para a derradeira xornada na que o Xallas visita o Dumbría no Conco. Na loita pola promoción está todo decido co Fisterra, Sofán e Outes clasificados. Nos cadetes o lider Dumbría se derrota o Cee será campión esta mesma fin de semana. O Soneira, se quer meter emoción deberá derrotar o Mazaricos e esperar que perdan os dumbrieses, que hai que dicilo, son os únicos que non coñecen a derrota en 32 encontros. Se as nosas contas están ben, (xa que dende as clasificaións de RFGF non especifican nada), están en promoción o Outes, Sofán e esteirana, pero estes últimos suman 62, e teñen por detrás a Xallas, cos mesmos puntos, Coristanco, a 3 Cee, a 5 e Coristanco a 6, con 6 por xogar.
Esta fin de semana do 03-04-05 de Maio xa temos un encontro hoxe venres, para mañán sábado hai 9 encontros repartidos, e para Domingo, quedan 7 todos eles de cadetes.
Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47.
Pronóstico do tempo
Para hoxe venres vento forte do suroeste, (SW), que seguirá ata a madrugada de mañán sábado, quedándose calma nas primeiras hora de mañán. En torno as 11:00 o vento rolará a oeste, (W), e abriranse claros para quedarse unha mañán solleira, con posibles chuvias e tras elas en poucos minutos sol. Pola tarde voltará a encapotarse, pero con chuvieiras canto máis o sur. O Domingo os ventos serán variables e con intervalos de nubrados, sol e chuvieiras, máis pola mañán, quedando os ventos, (floxos), da cadrante norte, (N), polo que as temperaturas serán máis frescas. Tempo típico de primavera, e que naide se extrañe pois Maio é un dos meses máis chuviosos do ano, so que como decían os vellos, “os días son tan longos que dan para todo…que faga vento, chuvia e sol”. O tempo tomámolo da boia marítima meteorolóxica que seguimos para os partes do mar, de Muxía para norte e Sur. No interior todo depende no que se refire o vento de se está máis ou menos abrigado do cadrante que sopla. Con respecto a chuvia según do cadrante que cae será máis abundante nas zonas que marca ese vento. Canto máis para o sur ou o norte.
LIGA DA COSTA XUVENIL
(1ª Galicia Xuvenil G2 A Costa)
29ª Xornada
Cee 1-7 Dumbría
04/05/2024, ás 10:00 horas
Sofán 2-0 Cabana
04/05/2024, 18:30 ás horas
Esteirana 5-2 Muxía
04/05/2024, ás 11:30 horas
Outes – Ponteceso
SUSPENDIDO
Miúdos 2-4 Fisterra
04/05/2024, ás 16:00 horas
Corme 6-1 Soneira
03/05/2024, ás 18:30 horas
Baio 2-3 Cerqueda
04/05/2024, ás 12:00 horas
Descansa : Xallas
CLASIFICACIÓN
1º Xallas : 68
2º Dumbría : 67
3º Fisterra 64
4º Sofán : 58
5º Outes : 52
6º Cerqueda : 41
7º Muxía 37…
(Os que loitan polo título e a promoción)
LIGA DA COSTA CADETE
(1ª Galicia Cadete G2 A Costa)
33ª Xornada
Cerqueda – Xallas
05/05/2024, ás 10:00 horas
Sofán – Cabana
05/05/2024, ás 10:00 horas
Esteirana 2-0 EF Concello Carnota
04/05/2024, ás 17:00 horas
Ponteceso 1-3 EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”
04/05/2024, ás 11:00 horas
Soneira– Mazaricos
05/05/2024, ás 11:00 horas
Muxía 0-5 Outes
04/05/2024, ás 11:00 horas
Miúdos – Coristanco
05/05/2024, ás 10:00 horas
Corme – Fisterra
05/05/2024, ás 12:00 horas
Dumbría 6-0 Cee
04/05/2024, ás 10:00 horas
CLASIFICACIÓN, (Xda 32ª)
1º Dumbría : 92
2º Soneira : 87
3º Outes : 78
4º Sofán 69
5º EF Juan Cabrejo : 62
6º Xallas : 62
7º Coristanco 59
8º Esteirana 59
9º Cee : 57...
(Os que loitan polo título e a promoción)
-Foto : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”