O Muxía recibe o Cabana e o Fisterra visita o Corme nesta xornada.
Aquí tes a axenda para esta fin de semana do 9 e 10 de Marzal con equipos da costa en categoría senior de homes, mulleres e dos veteranos. Referímonos a Preferente Norte, (na que só está o Sofán), 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo), na Liga da Costa e 3ª da Costa, (tódolos equipos costeiros) e na 1ª Galega Feminina G1, (Xallas, Cee e Miúdas), e 3ª División Galega Feminina G2, (tódolos equipos da costa menos 3). Se non temos erros nas nosas táboas, tódolos encontros se xogan mañán Domingo).
Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ
Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47
Pronóstico do tempo
Hoxe o vento é de “travesía”, (como lle chamamos a xente do mar o Oeste, (W)), polo que nos campos que non estén abrigados deste vento terán forte vento con chubascos intermitente, nas zonas abrigadas o vento será menos molesto. Unha situación que se repetirá todo o día. O Domingo o vento rolará a NW, (Noroeste), con máis intensidade nas primeiras horas da mañán e con algún chubasco e intervalos de sol, que xa dende o medio día pode quedar permanente ata antes da caida do sol que voltará a inestabilidade.
-Foto : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”