Habida conta de que os nosos representantes das Fases de Ascenso a Liga Galega xuvenil, cadete e infantil xa quedaron fora, a atención do noso fútbol 11 base céntrase nas Copas da Costa das 3 categorías, das que xa se xogou algún encontro o pasado mércores, quedan por completar un posto na final de xuvenís, na que xa espera o Fisterra. En infantís xóganse antre mañán sábado e pasado mañán Domingo as semifinais e en cadetes, antre hoxe venres e pasado mañán Domingo 9 de Xuño complétanse os cuartos. Esperan rival en semifinais o Coristanco e o EF Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”. Nos cadros tes tódolos resultados, datas e horarios.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”