Tódalas copas nun só artigo para mellor información.
-Axenda de horarios e enfrontamentos das “Copas da Costa” de
Veteranos, Senior, Xuvenís, Cadetes e Infantís-
Aquí tes a máis completa axenda con tódolos enfrontamentos e horarios das “Copas da Costa”, nas categorías de Veteranos, Senior, Xuvenís, Cadetes e Infantís. Todas nun mesmo artigo para que non teñas que andar para un lado e para o outro para decidir que encontros che veñen ben para darte unha volta a disfrutar do noso fútbol. No que se refire aos Xuvenís, xa se xogou un encontro, no “Día das Letras Galegas” o SD Sofán 1-0 Xallas FC e nos Infantís na tarde de hoxe xoves xógase o UC Cee-Cabana SD da ida de Cuartos de Final. Tralo encontro poñerémosche aquí o resultado no cadro correspondente.
-AXENDA DAS COPAS DA COSTA-
VETERANOS
-Volta de Cuartos de Final-
(Todos o Domingo 26/05)
SD Coristanco-ACD San Román ás 10:00 horas na “Rocheira”, (Coristranco), na ida 4-0
CD Nantón-Porteño Veteranos, ás 10:00 nas “Fontiñas”, (Nantón), na ida 4-0
San Lorenzo-Soneira Veteranos, ás 10:30 horas nas “Pedreiras”, na ida 3-2
ADC de Veteranos Ponteceso-CF Mazaricos, ás 10:00 horas no “Pinguel”, na ida 1-1
“LV COPA DA COSTA”
-Ida de Cuartos de Final-
(Todos o Domingo 26/05)
SCD Malpica-Cabana SD, ás 19:30 horas, no “Pedra Queimada”, (Malpica)
FC Camariñas-SD Coristanco, ás 18:00 horas, no “Hermanas Patiño”, (Camariñas)
SCDR Esteirana-CD Baio, ás 18:00 horas, no “Xosé Luis Vara”, (Esteiro)
Corme CF-SD Castríz, ás 17:00 horas, no “Cairo”, (Corme)
COPA DA COSTA XUVENIL
-Ida de Cuartos de Final-
(Sábado 25/05)
SD Sofán 1-0 Xallas FC, (xogado o 17/05)
Cabana SD-Outes CF, ás 18:00 horas, nas “Redondas”, (Neaño-Cabana)
SCDR Esteirana-SD Soneira, ás 18:30 horas no “Xosé Luis Vara”, (Esteiro)
Corme CF-ED Os Miúdos, ás 18:35 horas no “Cairo”, (Corme)
COPA DA COSTA CADETE
-Ida de Semifinais-
(Domingo 26/05)
SD Ponteceso-SCDR Esteirana, ás 12:00 horas no “Pinguel”, (Ponteceso)
Outes CF-ED Os Miúdos, ás 11:00 horas no “Conchido”, (Outes)
COPA DA COSTA INFANTIL
-Ida de Cuartos de Final-
23 de Maio
UC Cee-Cabana SD, ás 19:00 horas no “San Paio de Refoxos”
25 de Maio
Corme CF-ED Os Miúdos, ás 16:30 horas no “Cairo”, (Corme)
SD Fisterra-Muxía CF, ás 12:00 horas no “Ara Solis”, (Fisterra)
Xallas FC-SCDR Esteirana, ás 11:00 horas no “San Pedro de Castríz”, (Castríz-Santa Comba)
Relacionado