ATRAGANTOUSELLE O COLISTA AO BERGANTIÑOS FC, (1-2) QUE PERDE A INVATIBILIDADE NA CASA.

Once inicial do Bergantiños FC.

 

Bergantiños FC 1-2 Llanera

Dominou o choque o equipo de José Luis Lemos en especial na primeira metade, pero non foi quen de materializar ningunha das boas ocasións que tivo, con moitas chegadas con perigo, pero diante estivo o colista que soubo contragolpear e facer gol. Tras unha primeira metade que como decimos foi de craro dominio bergantiñista, que tivo un tiro a madeira e varios balóns sacados polo meta e os propios defensas baixo paus, pasouse a unha segunda con menos dominio, pero igualmente dos carballeses. Un saque de curruncho o pouco de reanudarse o xogo era rematado por Pape, para facer o 0-1 para os astures. Foise con todo arriba o Bergan e dispuxo de boas ocasións, en especial nas botas de Uxío, Lamelas e Boedo que entraría polo propio Uxío, pero un contrataque dos visitantes era culminado por Martín para facer o segundo.

Ainda puido chegar o terceiro nunha nova contra e o que chegaría tarde foi o gol dos carballeses, tras unha falta sacada en medio campo, no desconto, que remataría tras xogada colectiva, en gol de Escobar con asistencia de Blas.

Segunda derrota dos bergantiñistas que perdían así a invatibilidade na casa e que caen na clasificación dos postos de promoción de ascenso, pero empatados a puntos co Pontevedra CF, que marca o derradeiro posto de promoción.

Bergantiños FC : Santi Canedo, Blas, Agulló, Chapu, Brais, (Yelco, 46´), Carlos (Boedo, 64´), Concheiro, Remeseiro, Lamelas, Uxío, (Escobar, 64´), e Cano.

Llanera : Miguel del Río, Crespo, Otia, Arango, De la Cruz, Saha, Pape, (Martín, 60´), Espinar, Vity, (Omar, 78´), Fernández, (Thompson, 69´), e Romaric, (Javi Sánchez, 78´).

Goles : 0-1, Pape, (53´), 0-2, Martín, (79´), 1-2, Escobar, (91´).

 

Os outros equipos galegos

Arenteiro 2-4 Marino de Luanco

Móstoles 2-0 Coruxo

Compostela 1-1 Unión Adarve

Pontevedra 0-0 Navalcarnero

.

-Foto : Captura TVG2

-Texto : piratasdemuxia