Atracou na tarde deste mércores 6 de Agosto de 2025 no Porto Deportivo de Muxía o “San Esteban”, un dos barcos máis antigo de España, construido no 1902 e feito da mesma maneira co Titanic, con chapa de aceiro e unido con remaches.
Ten base en Vigo e visita por convenio cada ano o porto de San Esteban de Pravia, (Asturias), para participar na procesión do Carme. Esto acontece desde o 1907, cando o buque, daquela de vapor), abandonou a localidade asturiana.
Traballou como remolcador a principios do século XX para a compañía do carbón da Ría de Muros de Nalón, (Asturias), ata que empresa cesou a sua actividade.
No 1960 reconstuiuse e pasou a ser de motor de vapor a motor diesel, ten un tonelaxe bruto de 60 tonelas por 18 metros de eslora, 4 de manga e 2´20 metros de calado, no que se ve o que sexa un barco dos feitos a antiga usanza, con aceiro groso, ademáis conta cunha redutora do motor que pesa 7 toneladas. Este peso total do buque é clave para as tarefas que facía de remolcador. Hoxe én día é un buque de recreo que recuperou a empresa Industrias Ferri de A Pasaxe, (Pontevedra).
Así estaban hoxe varios dos pantaláns muxiáns.
O Porto Deportivo “Marina Muxía” sigue a atraer a numerosos veleiros todo o ano en especial nos meses estivais e ademáis alberga barcos de gran tamaño por contar con pantaláns de gran tamaño, o único que o pode facer en toda a Costa da morte. Muxía é porto estratéxico para os veleiros e iates que percorren de norte a sur ou viceversa esta zona do Atlántico.
Hoxe tamén atracaba o veleiro trasoceánico “Rex” de bandeira española e de preto dos 30 metros de eslora.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
