ATM BROADCAST TRASMITIRÁ OS ENCONTROS DA 1ª FEDERACIÓN.

Os partidos de Riazor parece ser que seguirán na TVG.

 

Segundo unha entrevista que lle fixo o xornalista do Marca, Rafa Mainez a Javier Vich, director executivo da 1ª e 2ª RFEF, a plataforma ATM Broadcast, foi a elixida para trasmitir en direto os encontros da 1ª Federación, liga na que está o noso Depor por cuarto ano consecutivo.

Especulouse fai unhas semanas que Mediaset estaba interesada en coller os dereitos televisivos, pero o final será ATM Broadcast. Esperemos que mellore, (que pouco fai falla), as malísimas retrasmisións que levamos vivido os derradeiros anos, primeiro con Footters e o pasado ano con Insports TV.

Segundo a entrevista do xornalista Rafa Mainez, o contrato será por 3 tempadas cun montante de 5 millóns de euros por tempada. Serán trasmitidos por OTT, así coma un 20% nunha canle en aberto de TDT, e tamén se falou de que seguiría o sistema destes anos de encontros nas autonómicas.

ATM Broadcast é unha empresa madrileña de multimedia, e streaming, que acompñaou as retrasmisións da información da Selección Española de Fútbol no pasado mundial. 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”