3ªDACOSTALaxe e Camelle ofreceron un encontro moi movido.
Previa 17ª Xornada
Sábado 05 de Marzal
Atlético Pereiriña FC 1-0 SD Oza
Hora : 18:00
Campo : “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : David Vázquez Lema.
Vitoria dos da parroquia ceense nun choque ao que os carballeses chegaron con 11 xogadores e que tiveron que xogar máis dunha hora cun menos trala expulsión no 42 de David Roibal, por dobre cartón amarelo. Un gol de Carlos aos 7 minutos de xogo foi suficiente para que os da Pereiriña sumasen 3 novos puntos colocámdose, a espera do que faga hoxe o Xallas “B”, a 2 puntos da cuarta praza, que otorga 4 puntos para a liguiña polo ascenso.
SD Laxe 4-3 SD Camelle
Hora : 16:30
Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)
Colexiado : Adrián Pérez Rellán.
Festival de goles no campo laxense, con remontada dos locais, que aos 15 minutos de xogo perdían por 0-2 con goles de Adrian Pasantes, (11´), e un tanto en propia porta de Jorge, (15´). Reaccionou ben o equipo laxense e conseguía recurtar distanzas aos 20 minutos de xogo, e igualaba a contenda a volta de vestiarios con goles de Gora, (20´) e Felipe, (56´). Bieito por partida dobre abría fenda no marcador, (56´e 60´). Maka acurtaba distanzas no marcador no 80, pero o gol da igualada non chegaría.
Domingo 06 de Marzal
CF Castrelo – SD Laxe
Hora : 16:30
Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)
Colexiado : Jonathan Pardiñas Blanco.
Sporting Seaia CF – CF Porteño
Hora : 16:30
Campo : “Pedra Queimada”, (Camelle)
Colexiado : Iván Ferreiro Santos.
UD Corcubión – CF Castrelo
Hora : 17:00
Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)
Colexiado : Pablo Rama Cotelo.
-Foto : piratasdemuxia
-Texto : piratasdemuxia