Atlético de Madrid 4-1 SuperDeportivo Feminino
Non foi tan superior o Atlético de Madrid a un Deportivo Feminino que pagou moi caras duas perdas de balón en zona perigosa, na que supoñía o 3-0 acrecentada por un erro de Misa que se lle vai dentro un balón doado de atallar e axudado polo vento en contra. Na segunda metade foi o equipo deportivista o que buscou o gol e chegou nun saque de curruncho no que María Méndez aproveitaba o rexeite do poste.
A partires do gol foi sendo cada vez máis superior o equipo deportivista, pero xa contra o final, cando parecía que podía chegar o 3-2, un gol en fora de xogo das atléticas pechaba o encontro. Non baixaron os brazos nen así as rapazas de Manu Sánchez, que non se mereceron este resultado ante o vixente campión de liga.
Primeira derrota da tempada que relega ao Deportio ABANCA terceira praza por detrás de Barcelona e Atlético e con ventaxe sobre o cuarto Logroño, que visita a vindeira xornada Abegondo.
Deportivo ABANCA : Misa; Cris, María Méndez, Villegas, Nuria; Iris, Alba Merino, Teresa Abelleira, Gaby, Peke e Athenea. Tamén xogaron : Mara Yamamoto, Myrella, Laura e Kika.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.