Athenea del Castillo recibeu o premio Fútbol Draft de Ouro e o Deportivo Feminino o Fútbol Draft da canteira feminina.

Athenea del Castillo cos dous premios.

 

A centrocampista do Deportivo ABANCA Athenea del Castillo xa ten no seu poder o premio Fútbol Draft de Ouro 2019-2020 como interior dereita pola súa irrupción en Primera Iberdrola a pasada temporada.

Unha campaña que a nivel individual tamén deixou premios para Teresa Abelleira, Misa Rodríguez e Nuria Rábano, actual e respectivamente agora no Real Madrid as dúas primeiras e na Real Sociedad a lateral, que xunto á atacante cántabra foron algunhas das pezas crave da inmellorable estrea das Nosas na máxima categoría do fútbol nacional.

Ademais Athenea tamén pousou co trofeo Fútbol Draft que recoñece o traballo de canteira realizado no Deportivo ABANCA. Na edición 2019/2020 de Futbol Draft, o FC Barcelona e o Dépor foron os premiados como clubs que máis fomentaron a base. Por primeira vez na historia de Futbol Draft, este premio foi concedido “ex aequo” aos dous equipos.

-Texto e Foto : RC Deportivo