Decía, Luis Rogelio Rodríguez, en “Plaza Vieja” que : “Cando preguntaban a Pitágoras sobre o que era o tempo, o filósofo e matemático grego dicía que o tempo é a alma da vida. E debe ser por iso polo que consideramos máis importantes na nosa vida os tempos nos que a alma domina sobre outras circunstancias. Por iso creo que non ten demasiado sentido que o tempo que dediquemos na nosa vida para recoñecer a dos demais apareza cando esas persoas xa non forman parte da nosa nin da súa propia porque morreron”.
Pero toda homenaxe en vida é pouca para valorar o que fan as persoas, e as veces hai que estrapolala ao “modo póstumo”, que non é máis ca manter viva a persoa que nos deixou e que permanecerá por sempre viva na memoria dos que o botan de menos, e das persoas que coñecen a sua, ou as suas obras, tanto materiais coma inmateriais, ou que non ha coñecen e hai persoas que fan o posible que se coñeza.
Este pasado Domingo 1 de Agosto inaugurouse no Edificio da “Camposa”, chamado “O de Sevizos Multiples”, o “O do Voluntariado”, ou mesmamente, “O Mercado”, unha exposición de cadros do pintor muxián, Gervasio Sar, titulada “O diván de Freud no faro do fin do camiño”.
Unha exposición que serve de homenaxe a memoria do pintor muxián que nos deixaba no pasado mes de Nadal e que é digna de ir ver se vos acercades por Muxía. Está aberta ata final de Setembro en horario de 16:00 a 20:00 horas, e a entrada é de balde.
O pobo muxián está repleto de visitantes nestes días, que poden ver ademáis na entrada de tódolos locais de hostalaría, un cadro sobre cabalete, de Gervasio Sar. Ademáis na Lonxa de Muxía hai dende fai anos, unha exposición permanente do pintor, que antes foi mariñeiro.
-Foto : Concello de Muxía
-Texto : piratasdemuxia