Yeremay sufreu máis faltas das que lle pitaron.
O pasado 3 de setembro do 2023 o depor xogaba o derbi ante o CD Lugo no “Ánxo Carro” e chegaban con moi boas sensacións tras unha boa pretempada e buscando refrendar o bo xogo amosado na primeira xornada ante o Rayo Majadahonda nun choque que acabou 0-0 por un erro arbitral e falla de puntería nas imnumerables ocasións de gol. derbi e a procura da vitoria, era a consina e así foi.
Sabit fíxolle varias entradas duras e lesionou a Yeremay.
A parella Lucas-Yeremay estaba a facer estragos ante a defensa lucense, pero ante a verticalidade do canario a receita para evitala foi que o xogador deportivista bicase o máximo posible o céspede, pero non para celebrar goles senón que a base de patadas, empurróns, agarróns e todo tipo de faltas. O xogador lucense Sabit fixo oposicións e conseguiu sacar do partido a Yeremay, cunha definitiva entrada por detrás que non é que non conlevase cartón vermello senón que nen pitou falta o mal árbitro, Diego Plasencia Caballero, e digo mal árbitro porque foi gran parte da grave lesión de Yeremay, sua, pois en ningún intre corotou as numerosas faltas e conlevou a rotura do peroné, que ía para 2 meses e extendeuse un máis, así coma a posta a punto.
Aquel encontro rematou 0-3 e puido ser algún máis, pero deixou o equipo manco desa banda e do desparpaxo do canario ata finais do pasado ano. Nos días posteriores o encontro o CD Lugo emitiu un comunicado mandándolle unha mensaxe de ánimo ao xogador canario : “La peor parte de este deporte… Desde el CD Lugo enviamos todo nuestro ánimo a Yeremay Hernández. ¡Esperamos verte pronto sobre el césped! Un abrazo fuerte de parte de todos los que formamos este club!”, pero pola sua banda Sabit non foi quen de pedir disculpas ou dar ánimos polo que fixo, que non foi outra cousa que lesionar a un xogador cunha entrada por detrás, a facer dano.
Este Domingo 3 de Febreiro de 2024, xusto 5 meses de ter sido lesionado, Yeremay terá unha asinatura pendente, unha débeda que saldar, rematar o encontro ante o Lugo e buscar celebralo da mellor maneira que él sabe…xogando o fútbol e parando o rival con fútbol e goles, e non con xogo violento.
-Fotos : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”