ASÍNASE EN BRAGA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON MUXÍA PARA A PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN DA “VÍA MARIANA” QUE COMEZA NA CIDADE PORTUGUESA E REMATA EN MUXÍA.

Mesa de colaboración Braga-Muxía.

 

A Vía Mariana é un camiño de peregrinación que ten preto de mil anos e que vertebra Galicia, partindo de Braga, (Portugal) e remata en Muxía, unindo a catedral bragantina e o Santuario da Barca. Un camiño que se perdeu co paso dos anos e que se recuperou fai uns anos e que trae a Muxía peregrinos portugueses e extranxeiros, e que vai en auxe. Na catedral da vila portuguesa existen moitos escritos antigos do Santuario da Barca, xa que esta vila estivo no seu día no Reino de Galicia e baixo a disciplina do obispo da Catedral de Santiago, Xelmírez. 

O alcalde de Muxía, Iago Toba asina en Portugal un acordo de colaboración para a promoción e divulgación da Vía Mariana e resaltou : “a importancia de Muxía como final deste itinerario cultural, natural e espiritual”

● O rexedor muxián acudiu hoxe ao II Encontro Transfronteiriço de
Presidentes de Cámara e Alcaldes da Vía Mariana, na localidade portuguesa
de Melgaço, para rubricar o compromiso da vila da Barca con esta histórica
ruta.
● “Muxía ten o privilexio de ser o punto e final da Vía Mariana e, coma
sempre, apostará por fomentar a cultura e resaltar este itinerario de gran
valor turístico, social e devocional”, destacou Toba.

 O alcalde de Muxía, Iago Toba, asinou hoxe na
localidade portuguesa de Melgaço o acordo de colaboración para a promoción e
divulgación da Vía Mariana, o itinerario que une os antigos santuarios de devoción
mariana que comeza en Braga e remata na localidade da Barca.

Este itinerario cultural, natural e espiritual de primeira órde europea recoñécese como
un legado da historia que recolle o inmenso patrimonio que alberga o territorio

histórico da antiga Gallaecia.
Tras a firma, Toba resaltou no seu discurso “a importancia de que Muxía sexa o punto
e final desta Vía Mariana, un itinerario de gran valor turístico, social e devocional”.
Ademais, engadiu na súa intervención que “coma sempre, Muxía estará do lado da
cultura e da tradición e apostará por fomentar e resaltar esta ruta que acolle a
peregrinos de toda Europa e da vida ao noso rural”.

Ao acto acudiron os presidentes das Cámaras municipais, alcaldes e alcaldesas,
autoridades, representantes de institucións presentes e a Asociación Vía Mariana Luso
Galaica que acordaron a promoción e divulgación da Vía e comprometéronse a axudar
na súa inclusión na lista de itinerarios Culturais Europeos do Consello de Europa.
Os presentes tamén asinaron o compromiso de axuda e da acollida de peregrinos en
tránsito, así como o acordo de respectar o patrimonio material e natural do itinerario
e facilitando, na medida do posible, o mantemento físico da sinalización da ruta para
o tránsito libre e seguro das persoas.

-Foto e Texto : Prensa Concello de Muxía

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies