Esquerda a dereita : Verónica Albores, Luciano Calvo e Albert Gil.
O Bergantiños e Unión Club Cee asinaron hoxe un convenio de colaboración nun acto que se celebrou na sala de Trofeos das Eiroas, onde o presidente do club carballés, Luciano Calvo, e a vicepresienta da entidade ceense, Verónica Alborés, estiveron acompañados polo vicepresidente das Escolas Luis Calvo Sanz, Jesús Capelán, e polo coordinador de fútbol base do Deportivo, Albert Gil.
O acordo entre o Bergantiños e o Cee permitirá, por exemplo, completar a formación dos xogadores do club de San Paio de Refoxos que se incorporen eventualmente ás Escolas bergantiñás e facilitarlle o desprazamento aos adestramentos.
Verónica Alborés declarou sentirse satisfeita de formalizar, “por fin” un acordo no que as entidades levaban tempo traballando. “Un convenio”, dixo Luciano Calvo, “que, ademais de facer máis fluídas, se cabe, as relacións entre o Bergantiños e o Cee, esperemos que vos permita percorrer un camiño parecido ao que comezamos a percorrer nós aquí hai vinte anos”. “O traballo”, engadiu, “deu claramente os seus froitos, e nas Escolas Luis Calvo Sanz formáronse xogadores que acabaron triunfando no fútbol, como Angeliño, por nomear ao que máis repercusión tivo ata agora”.
“Para o Deportivo”, afirmou Albert Gil, “é un orgullo estar hoxe aquí porque temos unha relación moi importante co Bergantiños e coas Escolas Luis Calvo. Este convenio entendemos que é un paso para fomentar o fútbol na Costa e vimos apoiar esa liña da que falaba Chano Calvo: o deporte é formación e unha paixón para os nenos, e hai que aproveitar esa paixón para educar”. Gil rematou felicitando aos dous clubs polo acordo acadado.
-Foto e Texto : Bergantiños CF
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.