ASÍ VAN OS PODIOS NOS MÁXIMOS GOLEADORES DAS LIGAS DA COSTA E LIGAS CON EQUIPOS COSTEIROS :

 

Así van as listas dos máximos artilleiros da costa, cando as ligas afrontan as suas derradeiras xornadas e con tan só a 3ª da Costa acabada. Queda a promoción, pero tomamos estas listas só por ligas regulares.

 

Preferente Norte

Nesta categoría só temos o SD Sofán e o SD Fisterra. O máximo goleador dos sofanistas é Miguel Taibo con 10 goles, (1 de penalti), en 22 encontros cunha media de 0´45 por encontro. No SD Fisterra o máximo realizador é Breixo, con 5 goles en 21 encontros e unha media de 0´23. Ainda que a cifra pareza baixa, os fisterráns só marcaron 27 goles en 31 encontros.

 

1ª Galicia G2 A Costa/Santiago

A falla de 5 xornadas para o remate da competición o máximo artilleiro dos xogadores o fisterrán do CF Dumbría, Diego Estévez segue dende fai moitas xornadas, (practicamente todas), sendo ademáis do máximo goleador dos 6 equipos costeiros que militan nesta liga, o máximo goleador global da competición. Suma nestes intres 27 goles, 3 deles foron de penalti, e fíxoos en 17 encontros, polo que sae a 1 gol por encontro, a mellor media da categoría. O segundo máximo artilleiro, é o vimiancés, Javi Souto “O Rubio”, que suma 19 goles en 26 encontros, cunha media de 0´73 por encontro. Ademáis é o terceiro na liga, a 1 de Adao do Cidade de Ribeira que o superaba esta mesma semana, tras facerlle 2 a Esteirana. Xabier Lado do CF Dumbría é o terceiro máximo anotador dos equipos da costa con 11 goles, (1 de penalti), en 29 encontros, cunha media de 0´38 por choque, co CF Dumbría.

 

Liga da Costa

A falla de 3 xornadas para o remate da liga, hai un empate a 25 goles na cabeza dos máximos materializadores da competición, Isaac Fábregas do UC Cee, que os acadou en 23 encontros, facendo 3 de panelti e cunha media de 1´08 goles por encontros, e Iván Rojo, do SD San Lorenzo, que dos 25 fixo 6 de panelti, e que os fixo en 24 encontros cunha media menor ca do xogador do equipo ceense, 1´41. Pecha o podio nestes intres, Fran Moreira do Muxía CF e Xian Reborido do UD Monte Louro, con 17, ambos fixeron 4 dende o punto de penalti, e ao dos muxiáns fixéronlle falla 24 encontros para facelos, e ao do Louro, un par de encontros máis. Nesta liga temos que facer unha mención especial ao xogador do SD Coristanco, Adrián Rama, mítico porteiro ex do UD Paiosaco, co que o censigueu todo, e que decideu deixar o equipo blanquiverde, para irse a outro blanquiverde, pero neste caso como dianteiro, non como porteiro, e que leva en 9 encontros 11 goles, (1 de penalti), ca media de efectividade máis grande da liga facendo gol cada 1´22 encontros, moi por enriba dos que ocupan o podio de máximos anotadores.

 

3ª da Costa

Esta liga xa rematou na sua fase regular e fai 15 días comezaron os Play-Off de ascenso, nos que están inmersos Buño, Camelle, zas e Laxe. Na ida os de buño caían por 3-1 en Laxe e zacenses e camelláns empataban a uns en Zas. O máximo artilleiro desta liga foi Lucas Caamaño, a pesares de que se perdeu media liga, pero con 26 goles, (1 de penalti), en 18 encontro, era cando se lesionou, o máximo goleador de tódalas ligas senior de Galicia, (cunha media de 1´44/encontro), e foi superado nos equipos costeiros antes do parón de Semana Santa por Diego Estévez do CF Dumbría da 1ª Galicia. No segundo posto da 3ª da Costa quedou o seu compañeiro no CF Porteño, Álan Suárez con 21 goles en26 encontros, (3 de penalti), cunha media de 0´80 por encontro. Pechou o poodio desta liga Charli do Atlético Pereiriña FC. con 15, (2 de penalti), en 24 choques, cunha media de 0´70 goles por encontro. Marcáronse nesta liga un total de 748 goles cunha media de 26 por xornada. Unha liga que estaba composta por 14 equipos, na que saeu campión o CD Baiñas con 64 puntos, sendo o equipo menos goleado con 21 tantos en contra. Subcampión saeu o CF Porteño con 62 puntos e sendo o equipo máis realizador con 91 dianas.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”