ASÍ VAN AS COUSAS NAS LIGAS DE FÚTBOL SALA BASE “COSTA DA MORTE” TRALA DISPUTA DA 7ª XORNADA.

 

Aquí tes como van as Ligas Comarcais de Fútbol Sala de Base “Costa da Morte”, trala disputa da 7ª xornada, penúltima do 2022. Estas ligas cumpren este ano a sua 25ª edición.

Todo segue igual ca semana pasada, o Concello de Carnota manda nos alevíns, en solitario, pero con dous encontros máis cos seus máximos perseguidores, Rapacollóns e Ponteceso, ambos a 2 puntos. Nos benxamíns, o Manuela Rial vai liderando cun punto máis co Cabana, pero estes cun encontro menos. Por detrás ven o EMF Camariñas, que a pesares de estar lonxe dos dous primeiros, de gañar os 3 encontros que ten menos cos ceenses e cabaneses, estaría loitando por todo.

Especificar que as clasificacións ata que os equipos estén parellos en número de encontros son un tanto fictícias, polo que pode haber volcos na clasificación en poucas xornadas.

 

Calendario completo : Calendario Benxamín

Calendario completo : Calendario Alevín

 

 

-Foto arquivo : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia

-Clasificacións/Montaxes : Fran “Pioto”/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies