ASI VAN AS COPAS DA COSTA E FASES DE ASCENSO, E ASÍ QUEDAN AS SEGUINTES ELIMINATORIAS DO FÚTBOL 11 BASE DA COSTA : XUVENÍS, CADETES E INFANTÍS.

O Xallas anda inmerso na promoción e na copa.

 

A vindeira fin de semana xogaranse no Fútbol 11 Base da Costa as semifinais en xuvenís e infantís e nos cadetes os cuartos. Aquí tedes como quedaron os encontros das tres categorías nesta pasada fin de semana e os enfrontamentos da vindeira. Nos xuvenís falla por xogarse un encontro de cuartos, o Xallas-Corme, dado que os xalleiros tiñan encontro de promoción de ascenso a Liga Galega, un choque no que se enfrontou ao Amio, co que perdeu por 1-0 e que se decidirá quen continua o vindeiro 2 de xuño a partires das 17:00 horas, (salvo troco), no A Fontenla. O encontro de copa ante os cormeláns será o vindeiro xoves 30 de maio ás 20:00 horas, na Fontenla.

Tamén xogou o Dumbría na Fase de Ascenso a 1ª Galega Cadete a ida de semifinais, e derrotou a domicilio ao Escola de Fútbol A Estrada por 1-2. A volta será no Conco o 1 de Xuño con horario ainda sen determinar.

Na Fase de Ascenso a Liga Galega Infantil, o Outes visitou ao Conxo e caeu derrotado por 3-0. A volta de semifinais será no Conchido o vindeiro 1 de xuño a partires das 11:00 horas, (se non hai troco).

 

Se vedes algún erro no que dicides non dubidedes en contactarnos por calquera das vías da nosa web, invluido o whatsapp, (626 72 00 47).

 

 

 

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Xallas : O clube

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies