ASÍ VAN A DIVISIÓN DE HONRA E 1ª GALICIA DE VETERANOS DA COSTA : “Crónicas 6ª xda, resultados, clasificación, pichichis, 7ª xda…”

Arasolis, (verdibranco), Corme e Leiloio da man na 1ª Galicia G1.

 

Esta pasada fin de semana non houbo xornada no fútbol veteranos federado da costa, agás o encontro aprazado da 1ª Galicia G1 correspondente a 3ª xornada que enfrontaba ao Fisterra Veteranos e o Corme CF que se xogou o pasado Domingo e que acabou con vitoria dos cormeláns por 0-2 con goles de Diego, (11´) e Andrés, (94´). Tíñamos pendente o analise da 6ª xornada nas duas ligas, que aquí vos traemos.

 

DIVISIÓN DE HONRA

“COSTA DA MORTE”

6ª XORNADA

Por arriba o Sporting Zas amosou que é un lider forte e goleaba ao CF Mazaricos que chegaba ao San Andrés con moitas posibilidades de engancharse a loita por todo e colocarse a 3 puntos dos zacenses, pero non concedeu nada o equipo zacense que acabaría goleando, (6-1), nunha segunda metade moi boa do lider, tras acabar a primeira metade con empate a uns. Tampouco fallou o San Lorenzo que derrotaba ao SD Castríz con moitos apuros, cun gol de Iván Pena os 74 minutos de xogo. Outro dos de arriba que aguantou o tirón do lider foi o ADC de Veteranos Ponteceso que derrotaba ao SD Corcoesto con goles de V´ctor pasada a hora de xogo e de Javi pena no desconto. Fallou o San Román que non pasaba do empate ante o CD Razo, (0-2), e o Dumbría Veteranos que caía pola mínima ante o Porteño Veteranos, (1-0), cun solitario tanto de Vítor aos 66 minutos de xogo. Pola sua banda o SD Coristanco goleaba ao SD Sofán, (7-1), e o Cabana SD derrotaba ao Soneira Veteranos, (2-1), primiera vitoria dos cabaneses e primeiros puntos na loita por evitar o descens. A tónica en tódolos encontros foi o vento, a chuvia e a auga nos tepes.

 

RESULTADOS

-27/10/2019-

Coristanco 7-1 Sofán 

Porteño 1-0 Dumbría 

Cabana 2-1 Soneira 

Razo 2-2 San Román 

Zas 6-1 Mazaricos 

San Lorenzo 1-0 Castríz 

Corcoesto 0-2 Ponteceso 

 

7ª XORNADA

-10/11/2019-

Coristanco-Porteño : 10:00

Dumbría-Cabana : 10:00

Soneira-Razo : 10:00

San Román-Zas : 10:00

Mazaricos-San Lorenzo : 11:00

Castríz-Corcoesto : 12:00

SofánPonteceso : 10:00

 

CLASIFICACIÓN

 

PICHICHIS

1º-Mario Casal, (ACD San Román) : 7, (1 de peanlti)

2º-Iván Pena, (San Lorenzo) : 7

3º-Toniño, (SD Coristanco) : 6, (2 de peanalti)

4º-Martín Ferreiro, (Sporting Zas) : 6

 

++++

 

1º GALICIA VETERANOS G1

“COSTA DA MORTE”

6ª XORNADA

 Arasolis CF, Corme CF e CV Leiloio van da man, cun empate a todo, con 5 vitorias e unha derrota cada un e cos debutantes fisterráns, de líderes por golaveraxe, sendo estes o equipo máis goleador e menos goleado, con 22 goles no seu haber e tan só 4 veces ca sua porta perforada. O Arasolis derrotaba por 1-4 a domicilio ao Sporting Bértoa, namentras que o Corme CF tras igualar os encontros o disputar o pasado día 3 o encontro que tiña aprazado co Fisterra de Veteranos, (0-2), derrotaba días antes o CD Nantón, (3-1). O Club Veteranos Lleiloio derrotaba ao veciño Veteranos Malpica, (3-1) no derbi malpicán. O cuarto en discordia a 3 puntos dos da cabeza, o A Piña, derrotaba ao Xornes FC por 1-2. Pola sua banda o SD Oza e o CD Carballo, cas suas derrotas quedaban un tanto descolgados da zona alta. Os de Oza caían ante o San Ramón de Veteranos, (3-0) e os carballeses ante o Buño Veteranos, (2-1). Primeira vitoria para o Fisterra Veteranos, (1-0), sobre o sobre o SD Soandres, mandando ao CD Nantón o “pechacancelas”. O gol dos fisterráns foi obra de Leoncio aos 7-1.  

 

RESULTADOS

-27/10/2019-

San Ramón 3-0 Oza

Buño 2-1 D. Carballo

Bértoa 1-4 Arasolis

Leiloio 3-1 Malpica 

Corme 3-1 Nantón

Xornes 1-2 A Piña

Fisterra 1-0 Soandres

 

7ª XORNADA

-10/11/2019-

San Ramón-Buño : 12:00 horas

 D. Carballo-Bértoa: 10:30

Arasolis-Leiloio: 10:00

Malpica-Corme : 10:00

Nantón-Xornes: 10:30

A Piña-Fisterra : 11:00

  Oza-Soandres : 09:45

 

CLASIFICACIÓN

 

PICHICHIS

1º-José Luis, (CD Nantón) : 6, (1 de peanlti)

2º-Luis Manuel, (Arasolis) : 6

3º-José Jesús, (Corme CF) : 6

4º-René, (Corme CF) : 6

5º-Pedro, (Malpica Veteranos) : 6

6º-José D. (Xornes FC) : 6

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies