ASÍ VAI A LIGA DE XUVENÍS DA COSTA TRALA DISPUTA DA 19ª XORNADA :

O Outes CF ponse a 1 punto do liderato.

 

RESULTADOS

19ª Xornada

SD Ponteceso 1-1 Xallas FC

SD Coristanco 0-9 ED Os Miúdos

Outes CF 2-1 UC Cee

Sporting Zas 5-1 FC Camariñas

Sporting Seaia CF 3-4 SD Sofán

Cabana SD 2-1 Corme CF

Descansou : SD Soneira

 

 

COMENTARIO

Aprétase a Liga de Xuvenís da costa tras descansar nesta xornada o lider SD Soneira e vencer os seus perseguidores, Outes CFe Cabana SD. Os da Serra tiveron un duro oso que roer co UC Cee, (2-1), que a pesares de que sobre o papel parecese un encontro doado adiantábanse os ceenses cun tanto en propia porta de Iván aos 23 minutos de xogo. Neutralizou o tanto o equipo outés antes do descanso cun tanto de Ryam e non sería ata a segunda metade cando Kevin Lariño, (50´), poñía por diante aos da Serra. Resultado incerto ata o pitido final. Pola sua banda os cabaneses tiñan a un rival comlicado no Corme CF que sufre esta tempada o troco xeracional, pero que ocupa a 6ª praza con 29 puntos. Os cabanseses mandaron no encontro pero non se adiantaron ata os 69 minutos cun gol de Samuel e o encontro que mataba o encontro non chegaba ata o 82 por medio de Rubén, cun fermoso gol de “chilena”. O gol que metía de novo aos cormeláns no encontro chegaba tarde, xa no desconto.

Póñense así o Outes CF a 1 punto do lider SD Soneira e a 3 o Cabana SD. Xa se xorta a loita polo título tras estes dous, pois o Sporting Zas, (4º) que goleaba ao FC Camariñas, (5-1), está a 5 dos cabaneses, (3º) e a 8 do liderato, por detrás o SD Sofán, (5º), xa está a 3 máis cos zacenses.

 

CLASIFICACIÓN

 

PICHICHIS

1º-“Fran-Chute”, (SD Soneira) : 23 goles en 15 encontros

2º-Álvaro Farinós, (SCDR Esteirana) : 22 goles, (2 p), en 15 encontros

3º-Luis Manuel, (Sporting Seaia CF) : 22 goles, (3 p), en 16 encontros

4º-Sergio, (SD Soneira) : 19 goles, (1 p), en 14 encontros

5º-Jesús, (ED Os Miúdos) : 17 goles en 17 encontros.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

 

++++

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies