ASÍ VAI A LIGA DA COSTA TRALA DISPUTA DA 9ª Xda : “CRÓNICA, RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS…”

Pazos, (SD Coristanco), na “Rocheira”.

 

A climatoloxía foi un “handicap” en tódolos campos

Non lle foi doado o lider SD Ponteceso dobregar o Sporting Zas que volve a ser colista. Nin lle foi doado o equipo ponteecsán nen a ningún, dado o estado dos terreos de xogo, que a pesares de que abunda o plástico nos tepes, na sua maioría o drenaxe deixa bastante que desexar. Un gol de Luca aos 39 minutos de xogo poñía por diante ao lider da división, para seguir comandando en solitario, co Corme CF coma cada ano presionando por detrás.

A receita de xente da casa dos cormeláns segue a funcionar e ano tras outro é o grande animador da “festa”, só lle falta o paso definitivo para mandar con solvencia como ven facendo nos derradeiros anos na maioría das ligas de base. Os cormeláns tiñan un difícil rival co CD Muros, un equipo que está a facer un inicio de campaña extraordinario e que caía no “Cairo” por 4-2. Nun choque no que así como o tiñan controlado os do Roncudo, metíase no encontro o equipo muradán e daba emoción o choque. Na primeira metade, como decimos, en tódolos campos, moi condicionado o encontro pola climatoloxía adversa, foron os cormeláns os que mandaron poñéndose 2-0 con goles de Dani Casal e Alejo. Un penalti a favor dos muradáns no 55 que tranformaba Iván, poñía de cheo os sureños no choque, e ainda que 5 minutos despois Alejo facía o 3-1 a resposta era rápida por parte dos muradáns, que por medio de Saúl facían o 3-2. Non foi ata o longo desconto, dun choque moi físico e de contanto, cando de penalti Samu Costa facía o definitivo 4-2, cando o reloxo marcaba o minuto 98 e levando os cormelán 5 minutos cun menos por expulsión do seu meta, José.

San Lorenzo e SCDR Esteirana perseguidores dos de arriba non fallaron e golearon nos seus encontros. Os de Verdillo derrotaban ao CF Lira por 3-0 con goles de Yago e Brais na primeira metade e repetía Brais na segunda no 52, 4 minuts despois quedarían os verdilleses cun home menos por expulsión de Yago, polo que tocou “remara” e defender o resultado. Pola sua banda o SCDR Esteirana tiña un difícil rival no SD Coristanco, unha das revalacións da liga, e no propio campo da Rocheira. Sen embargo víronse 6 goles, (2-4). Moi pronto se puxo por diante o equipo sureño, cun tanto de Carlos Lestón aos 2 minutos de xogo. Mediada a primeira metade, Samel facía o gol da igualada, e cando parecía que se irían o descanso con este resultado apareceu Raúl Lestón, para quedarse, pois facía o 1-2, e a volta de vestiarios completaba un “Hat-trick”, para deixar o resultado en 1-4. Non foi ata o 82 cando o equipo da Terra da Patca acadaba o 2-4, moi tarde para meterse no encontro en busca de algo.

Semana produtiva do SCD Malpica que derrotaba ao Cabana SD por 1-3 e sumaba 4 puntos en dous días, pois si en Muxía sacaba un no encontro que fora aprazado no seu día pola Romaría da Barca, (2-2), desta volta ca vitoria nas Redondas, subía a 7ª praza aproveitando a derrota dos muxiáns en Castríz, (2-1). Juan Fuentes poñía aos malpicáns por diante nada máis comezar o encontro e o seu compañeiro Miguel o cuarto de hora facía o 0-2. Reaccionaba o equipo cabanés e Aarón deixaba o encontro aberto para volda de vestiarios. O gol que lle daba a tranquilidade aos de “Gurita” para afrontar o resto de choque e que a postre sería definitivo, foi obra de Andy aos 55 minutos de xogo.

O Muxía CF pasou en dous días de poder estar moi preto dos de arriba a estar moi lonxe. Tralo empate ante o SCD Malpica na Arliña, (2-2), do encontro aprazado, visitaban a un SD Castríz moi necesitado e que se puxo por diante pasada a media hora de xogo cun tanto de Pastoriza. Un tanto que chegou para ir pordiante ata ben entrado o desconto cando Víctor Alcaina facía o empate e na seguinte xogada ese punto escapábaselle aos muxiáns co tanto dos xalleiros por medio de novo de Pastoriza, que abreu o telón e pechouno para o seu equipo.

Un choque que ía abocado ao empate solventouno Adrián Canosa para o UC Cee no minuto 82. Un tanto que lle daba 3 puntos moi importantes os ceenses, ante un UD Cerqueda, (0-1), que atesoura moito máis do que din os resultados e a sua posición na táboa. 

Atragantouselle o SD Buño ao CD Baiñas e foi quen mandou en grande parte do encontro, pois mediada a primeira metade Juan Antelo poñía por diante aos “oleiros”, e ainda que Baba empataba na segunda metade antes da hora de xogo, Juan Álvarez, poñía de novo por diante aos buñeses no minuto 82. O gol da igualada chegaba por medio de Eloy cando se cumplía o minuto 90, para rescatar un punto, insuficiente para ambos.

 

RESULTADOS

Castríz 2-1 Muxía

Cerqueda 0-1 Cee

Zas 0-1 Ponteceso 

Coristanco 2-4 Esteirana

San Lorenzo 3-0 Lira 

Corme 4-2 Muros

Baiñas 2-2 Buño

Cabana 1-3 Malpica

 

CLASIFICACIÓN 

1º-Ponteceso : 22

2º-Corme : 21

3º-San Lorenzo : 18

4º-Esteirana : 18

5º-Muros : 15

6º-Coristanco : 14

7º-Malpica : 14

8º-Muxía : 13

9º-Cee : 13

10º-Castríz : 11

11º-Lira : 10

12º-Baiñas : 10

13º-Cerqueda : 8

14º-Cabana : 7

15º-Buño : 4

16º-Zas : 3

 

PICHICHIS

1º-Alejo, (Corme CF) : 13 goles, (3 de penalti)

2º-Xuco, (SD Ponteceso) : 11 goles, (1 de penalti)

3º-Brais, (SD San Lornzo) : 9 goles, (2 de penalti)

4º-Elias, (SCDR Esteirana) : 8 goles, (1 de penalti)

5º-Samuel, (SD Coristanco) : 8 goles, (1 de penalti)

 

10ª XORNADA

10/11/2019

Muxía-Cabana

Cee-Castríz

Ponteceso-Cerqueda

Esteirana-Zas

Lira-Coristanco

Muros-San Lorenzo

Buño-Corme

Malpica-Baiñas

-Fotos e texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.