ASÍ VAI A LIGA DA COSTA TRALA DISPUTA DA 8ª XORNADA :

 

O SD Ponteceso que derrotaba con moitos apuros ao SD Coristanco, (2-1), un dos equipos que está a ser “revelación” desta tempada, nun choque xogado de poder a poder no “Platas Reinoso” de Baio por obras no “Piguel” de Ponteceso. Os da “Vila de Pondal” eran do podio da semana pasada os únicos que acadaban a vitoria, pois noutro choque da zona alta gañaba a SCDR Esteirana ao SD San Lorenzo, (2-1), e facía que os de Verdillo perdesen a segunda praza en pos do Corme CF que derrotaba goleando ao CF Lira, (0-4). Outro que perdía dos de arriba era o CD Muros, que na mañán do Domingo era superado polo CD Baiñas, (1-2), deixando moi apretada a zona alta, unha zona a que se poden arrimar tanto o Muxía CF ou o SCD Malpica, se algún dos dous se leva os 3 puntos en disputa este venres día 1 de Novembro a partires das 16:40 horas na “Arliña”, do encontro aprazado da 2ª Xda por mor de que aquel finde semana tiña lugar a “Romaría da Nosa Señora da Barca”, poñeríase na loita por todo.

Os malpicáns goleaban no derbi local ao SD Buño, (0-4), para subir varios chanzos na clasificación, aproveitando a citada derrota do CF Lira, a do UC Cee que non pasaa do empate ante o Sportings Zas, que suma o terceiro punto do curso, con 3 empates, e que manda por golaveraxe ao SD Buño a posición de “Pechacancelas”. O Muxía CF que pode poñerse a 3 puntos dos lider, derrotaba ao UD Cerqueda nun encontro xogado de poder a poder e no que se veu fútbolo moi vertical en varias fases do xogo por parte dos dous equipos.

Por último, no duelo antre os dous equipos que trunfaron o ano pasado na 3ª da Costa, o campión SD Castríz e o subcampión, Cabana SD, levábase os 3 puntos o equipo cabanés, cun solitario tanto de Sergio no minuto 80 de encontro. Unha vitoria que lle senta moi ben aos cabaneses, que aproveitan para acercar a varios equipos da “Zona quente”, e que aumente o número de equipos nesa loita, xa que lle beneficiaron os resultados de SD Buño e Sporting Zas por abaixo e os do SD Catríz, UD Cerqueda,  UC Cee, e CF Lira, por arriba, xunto con CD Baiñas, e SCD Malpica que sí gañaron, pero todos eles nun arco de 3 puntos ou menos de distanza.

 

RESULTADOS

-8ª XORNADA-

Castríz 0-1 Cabana 

Muxía 3-2 Cerqueda,

Cee 3-3 Zas

Ponteceso 2-1 Coristanco

Esteirana 2-1 San Lorenzo

Lira 0-4 Corme 

Muros 1-2 Baiñas

Buño 0-4 Malpica

 

CLASIFICACIÓN 

1º-Ponteceso : 19

2º-Corme : 18

3º-San Lorenzo : 15

4º-Muros : 15

5º-Esteirana : 15

6º-Coristanco : 14

7º-Muxía : 12

8º-Malpica : 10

9º-Lira : 10

10º-Cee : 10

11º-Baiñas : 9

12º-Cerqueda : 8

13º-Castríz : 8

14º-Cabana : 7

15º-Zas : 3

16º-Buño : 3

 

O Partidazo : O Coristanco recibe na “Rocheira” a Esteirana.

 

-9ª XORNADA-

03/11/2019

Castríz-Muxía

Cerqueda-Cee

Zas-Ponteceso

Coristanco-Esteirana

San Lorenzo-Lira

Corme-Muros

Baiñas-Buño

Cabana-Malpica

 

LISTA GOLEADORES

1º-Alejo, (Corme CF) : 11, (3 de penalti)

2º-Sergio “Xuco” : 11, (1 de penalti)

3º-Elias, (SCDR Esteirana) : 8, (1 de penalti)

4º-Javier : 7, (3 de penalti)

5º-Samuel, (Xoristanco) : 7, (1 de penalti)

6º-Brais, (SD Ponteceos) : 7, (2 de penalti)

 

-Foto e texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.