ASÍ VAI A LIGA DA COSTA TRALA DISPUTA DA 10ª XDA : “CRÓNICA, RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS, 11ª Xda…”

 

Impresionante unha vez máis o tepe da Arliña.

Corme e Esteirana agunatan o tirón do Ponteceso

Día de campos anegados de auga no que na parte alta o lider Ponteceso, e segundo Corme, gañan con apuros a UD Cerqueda, (4-3) e a Buño, (1-2), e a  Esteirana, terceiro en discordia, goleaba o Sporting Zas, (4-0), que non levanta cabeza. Dos de arriba, o San Lorenzo era o único que caía ante o CD Muros pola mínima, (1-0), cun gol de Iván no 75, nun choque no que os muradáns puideron facer máis goles, e que collen na táboa aos de Verdillo cos mesmos 18 puntos. Por detrás o UC Cee e o Muxía CF goleaban nos seus choques. Os ceenses goleaban o SD Castríz, (3-0) e os muxiáns ao Cabana, (5-0).

O CF Lira levábase os puntos ante o Coristanco nun encontro no que se eran os lirachos que se poñían por diante e remontaban os coristanqueses, para que de novo volveran a remontar os sureños, (3-2). Pola sua banda o SCD Malpica caía ante o CD Baiñas, (1-2), nun choque no que o máis significativo foi a grave lesión de “Dieguito” xogador dos baiñeses, que sufreu nunha xogada fortuita a fractura dos osos propios do naríz, e do que xa foi operado e evoluciona favorablemente e pronto estará a sua casa, e ao que lle desexamos o mellor. Baba e Crístian Canosa remontaban o gol inicial dos malpicáns, que fora en propia porta de Brais.

 

RESULTADOS

Muxía 5-0 Cabana, (crónica)

Ponteceso 3-2 Cerqueda 

Esteirana 4-0 Zas

CF Lira 3-2 Coristanco 

Muros 1-0 San Lorenzo 

Malpica 1-2 Baiñas

Cee 3-0 Castríz

CLASIFICACIÓN 

1º-Ponteceso : 25

2º-Corme : 24

3º-Esteirana : 21

4º-San Lorenzo : 18

5º-Muros : 18

6º-Muxía : 16

7º-Cee : 16

8º-Coristanco : 14

9º-Malpica : 14

10º-Lira : 13

11º-Baiñas : 13

12º-Castríz : 11

13º-Cerqueda : 8

14º-Cabana : 7

15º-Buño : 4

16º-Zas : 3

PICHICHIS

1º-Alejo, (Corme CF) : 13 goles, (3 de penalti)

2º-Xuco, (SD Ponteceso) : 12 goles, (2 de penalti)

3º-Iván Rojo, (UD Cerqueda) : 9, (4 de penaltis)

4º-Brais, (SD San Lorenzo) : 9 goles, (2 de penalti)

5º-Elias, (SCDR Esteirana) : 8 goles, (1 de penalti)

6º-Samuel, (SD Coristanco) : 8 goles, (1 de penalti)

11ª XORNADA

17/11/2019

Muxía-Cee

Castríz-Ponteceso

Cerqueda-Esteirana

Zas-Lira

Coristanco-Muros

San Lorenzo-Buño

Corme-Malpica

Cabana-Baiñas

 

-Fotos e texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.