ASÍ VAI A 3ª DA COSTA TRALA DISPUTA DA 7ª Xda : “CRÓNICAS, RESULTADOS, CLASIFICACIÓN, PICHICHIS, 8ª Xda…”

Guille, meta do CD Nantón.

 

O Camariñas tamén sabe gañar as adversidades

Pasan as xornadas e o FC Camariñas segue a amosarse como un dos que van a ascender, e iso que falta moito, pero namentras que o resto van dando paus de cego, os camariñáns seguen firmes, e dista volta o CD Nantón púxollo difícil, moi difícil. Nun terreo dos poucos que quedan de herba natural, (posiblemente a 3ª da costa teña a media máis alta galega con 3 de 11), tepe máis favorable aos nantoneses, que ademáis tiñan o factor climatolóxico a favor, que iguala as calidades antre plantillas, e hai que sumarlle que remontaron na segnda metade o gol dos camariñáns, por parte de Brandon, e que foi xusto antes do descanso. “Gol psicolóxico”, diríase, pero non, os nantoneses remontaron na volta de vestiarios con goles de Fran Gavín e Iván Moreira. O xove Brandon igualaba a contenda no 69 e Javi Antelo acadaba o gol da vitoria no 78, para sumar a sétima vitoria en 7 encontros. Os nanotneses quedaban cun menos no treito final, cando xa perdían por expulsión por dobre cartón de Martín.

por detrás dos camariñáns e co empate do venres do SD Camelle e o UD Monte Louro, (1-1), o Outes CF podía facer fenda con eles e seguir mirando a estela do FC Camariñas, e non fallaron. Os da Serra derrotaban ao CF Porteño pola mínima na Grixa, outro dos tepes natuaris, ao que se souberon sobrepoñer os sureños e gañaban cun solitario gol de Santi Álvarez no 74. Os da Ponte do Porto sufriron un reves a pasada semana o serlles restados 3 putnos ante o Sporting Seaia, que denunciou unha aliñación indebida, que lles pasou factura na clasificación e que os deixa tocados.

SD Camelle e UD Monte Louro empataban no encontro adiantado o venres do que vos trouxemos a crónica trala finalización do choque. Contou con varias baixas o equipo camellán e o empate foi o máis xusto, trala dura batalla na auga e no barro, (PREME AQUÍ, para ver a crónica).

Semana redonda para o Sporting Seaia que de non cntar con puntos no seu casilleiro pasou a ter 6. Tres que lle gañou nos despachos ao CF Porteño e 3 dunha traballada vitoria ante o UD Corcubión. Adiantáronse os de Da Silva aos 10 minutos de xogo cun tanto de Añón, resultado que non se movería na primeira metade. O goleador corcubionés, Iago Lema conseguía empatar pasada a hora de xogo e Diego facía o segundo dos seaieses 10 minutos depois. O corcubioneses complicouselle o encontro o quedar cun menos a falla de 10 minutos para o final do tempo regulamentario, era o meta Marcos, o que facía trastocar o equipo a Carlos Lema.

Encontro cómodo para o SD Laxe que xa deixou o choque sentenzado na primeira metade, na que se foi a vestiarios cun craro 1-4. Óscar Toja pronto pxo o 0-2 no marcador con goles no 6 e no 12. Ezequiel acurtou distanzas a media hora de xogo, pero Juan Paredes e Manuel deixaban a cousa moi decantada para os laxenses antes do tempo de lecer. Xa na segunda metade e cos visitantes a deixar ir correndo o tempo, Fernando facía o 2-4, que sería refrendado polos locais nos nstantes finais cun tanto de Bieito.

 

RESULTADOS

7ª Xda-

Camelle 1-1 Monte Louro

Corcubión 1-2 Seaia

Nantón 2-3 Camariñas

Porteño 0-1 Outes 

Ameixenda 2-5 Laxe 

Descansa : SD Laxe

 

CLASIFICACIÓN 

1º-Camariñas : 21

2º-Outes : 16

3º-Camelle : 12

4º-Monte Louro : 9

5º-Seaia : 9

6º-Laxe : 9

7º-Nantón : 7

8º-Porteño : 5

9º-Corcubión : 4

10º-Castrelo : 4

11º-Ameixenda : 3

 

PICHICHIS

1ºJosé Louro, (UD Monte Louro) : 7

2º-Brandon, (FC Camatiñas) : 7

3º : Martín, (FC Camariñas) : 7

4º-Iago Lema, (UD Corcubión) : 5, (1 de penalti)

5º-Santi Álvarez, (Outes CF) : 5

6º-Javi Antelo, (FC Camariñas) : 5

 

8ª XORNADA

09-10/11/2019

Castrelo-Ameixenda

Seaia-Camelle

Camariñas-Corcubión

Outes-Nantón

Laxe-Porteño

Descansa : Monte Louro

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.