ASÍ VAI A 3ª DA COSTA TRALA DISPUTA DA 6ª Xda, (Crónica, resultados, clasificacións, pichichis, 7ªxda, etc…)

 

O FC Camariñas segue intratable e esta pasada xornada tiña unha proba de lume co derbi de rivalidade  contra o CF Porteño, un derbi que deixaban bastante resolto antes da media hora de xogo con un par de goles, obra de Javi Antelo e Brandon. Un gol dos da Ponte do Porto podería abrir o encontro, pero esto non sucedería e Pablo Rey poñía o definitivo 3-0 para sumar a sexta vitoria en 6 encontros. Por detrás dos camariñáns ven o Outes CF. Os da Serra recibían a un SD Laxe do que se está a falar moi ben, pero os outeses que se adiantaban a media hora de xogo cun tanto de Sergio, completaban unha boa segunda metade na que deixaban o choque resolto con goles de Simón e Martín, no derradeiro treito do choque, no que ata o 75 puido pasar de todo. No terceiro chanzo da clasificación ben o SD Camelle, que derrotaba con moito traballo a un CF Castrelo que arrastra unha importante vaga de lesións e que neste encontro perdía o meta David Carreira, cunha lesión grave de escordadura de xeonllo e problemas no nocello, que esperemos sexa o menos posible. Os camelláns que comezaban perdendo tras marcar os castrelistas un tanto por medio de Capote, remontaban con sendos goles de Barreiro, (1-2). 

O UD Monte Louro que visita este venres, (16:45horas) ao SD Camelle, xogou un encontro “raro” ante o UD Corcubión que chegaba a Louro con 13 xogadores e que tras quedar cun menos por expulsión de Brais, poñíase por diante cun tanto de Iago Lema, 3 minutos despois. Pagou cara a inferioridade numérica o equipo corcubionés e máis cando a hora de xogo sufrían a expulsión de Pablo e vían como os loureses remontaban o encontro con goles de Raúl e José Louro. Tras este derradeiro gol quedarían con 8 os corcubioneses por expulsión de Abelleira, e chegaría o definitivo 3-1 por medio de José Domingo co que acabaría o encontro.

Segunda vitoria do Sporting Seaia que comeza a tomarlle o ton a competición e desta volta foi con algo de fortuna pois tras adiantarse os nantoneses pasada a hora de xogo cun gol de Iván Moreira, conseguían empatar por medio de Iván no 87, e cando parecía que habería reparto de puntos chegaba un gol en propia porta do nantonés Martín, xa en tempo de desconto.

 

RESULTADOS

-6ª XORNADA-

CF Castrelo 1-2 SD Camelle 

Monte Louro 3-1 Corcubión

Seaia 2-1 Nantón 

Camariñas 3-0 Porteño 

Outes 3-0 Laxe

Descansa : Ameixenda

 

CLASIFICACIÓN 

1º-Camariñas : 18

2º-Outes : 13

3º-Camelle : 11

4º-Monte Louro : 8

5º-Porteño : 8

6º-Nantón : 7

7º-Laxe : 6

8º-Corcubión : 4

9º-Castrelo : 4

10º-Seaia : 3

11º-Ameixenda : 3

 

-7ª XORNADA-

01/11/2019

Camelle-Montelouro : 16:45 horas

03/11/2019

Corcubión-Seaia : 16:00 horas

Nantón-Camariñas : 16:15 horas

Porteño-Outes : 17:30 horas

Ameixenda-Laxe : 16:30 horas

Descansa : SD Laxe

 

Iago Lema, (UD Corcubión).

 

LISTA MÁXIMOS GOLEADORES

1º-Martín, (FC Camariñas) : 7

2º-José Louro, (UD Monte Louro) : 6

3º-Brandon, (FC Camariñas) : 5

4º-Iago Lema : 4, (1 de penalti)

5º-Javi Antelo, (FC Camariñas) : 4

6º-Santiago, (Outes CF) : 4

 

-Fotos e texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.