ASÍ VAI A 1ª GALICIA G2 TRALA DISPUTA DA 9ª Xda : Crónicas, resultados, clasificación, pichichis, 10ª xda…

O Mazaricos-Baio gozou de emoción e bo ambente a pesares do tempo.

 

O SD Soneira segue firme no liderato e desta volta gañou a domicilio nun campo moi complicado como é o Municipal de Baño, en Valga, ante o Cordeiro CF. A vitoria non lle foi doada aos de Pedro Gómez, pero a fe e a inercia do campión levounos a acadar os 3 puntos “in extremis”, pois adiantábanse no marcador cun gol de Chrístian aos 44 minutos de xogo. Un gol dos que se chaman “psicolóxicos”, pero non o foi tanto e no 78 empataban os locais por medio de Sergio, un tanto que podía deixar tocado o equipo vimiancés, tralo tremendo esforzo contra un bo rival e contra as inclemencias climatolóxicas, pero cando un equipo ten as cousas de cara as vitorias búscanse ata o pitido final, é Ricardo conseguía o gol da vitoria no minuto 94, cando estaban cun menos por expulsións dous minutos ante de “Vía Rápida”, para seguir comandando a táboa con 4 puntos sobre O Pino, que derrotaba pola mínima ao SD Negreira, (0-1).

Duelo forte o que se vivía no Municipal do Conco, no que o CF Dumbría recibía a un dos chamados a loita polo ascenso o Flavia SD. Non tivo sorte o equipo dumbriés que vía como nunha xogada desgraciada os padroneses poñíanse por diante xusto antes do descanso cun tanto en propia porta de Samuel. Buscou no medio do mal tempo o equipo dumbriés sair a frote, pero topábase cun tanto máis en contra a falla dun cuarto de hora para o remate do tempo regulamentario. Acurtou ventaxe o equipo dumbriés por medio de Codesal e abreu unha porta a esperanza de puntuar ante un rival direto, pero con todo a busca do empate, Adrián Beiroa, lembraba tardes de groria no fútbol costeiro, acadando para os seus o gol da tranquilidade, para superar na táboa os dubrieses por golaveraxe.

Levouse un derbi moi disputado e físico o CD Baio na sua visista ao CF Mazaricos no “Pedra d´ouro”, (Pino do Val), (0-2). Os baieses fixeron valer a sua calidade cun tanto no treito final de cada tempo. Norberto facía o 0-1 no 35 e Martín “MC”, destruía calquer disgusto de última hora para os seus, o marcar o 0-2 no 82, cando os mazariquenses buscaban o empate. Esta vitoria deixa aos baieses na 7ª praza a un punto de Dumbría, (6º) e Flavia, (5º), e a 4 do segundo O Pino. pola sua banda o CF Mazaricos segue loitando por escapar do “abismo” na antepenúltima praza con 2 puntos.

Tarde de chuvia, vento e ledicia para os espectadores que se deron cita no “Eleuterio Balayo” de Muros no que os rapaces de Sil, deron ca tegra para darse un festín de goles ante o SD Piloño, (6-2), rival direto na loita por evitar o descenso e ao que superan na táboa por golaveraxa, colocándose os de Baño, (Muros), na 13ª posición. Adiantáronse moi pronto os “volantes” cun tanto de Thiago, con só 4 minutos gastados. O cuarto de hora, Alberto conseguía o empate para os visitantes e nada facía atisbar que o encontro acabse en goleda, pero as cousas trocaron cos goles de Berto, (33´), Alejandro, (40´), de novo Berto, (42´), e Ángel “Pesco”, (44´), que acudía a sua cita co gol para facer o 5-1, o  que lles daban a tranquilidade para afrontar a segunda metade, controlando e deixando ir pasando o tempo na procura de agarrar algunha contra. Antes da hora de xogo Alejandro facía o sexto do seu equipo, e o seu segundo da tarde, para que xa nos derradeiros minutos o visitante Imanol, maquillase unha goleada para a lembranza, a maior nesta categoría do debutante Volantes de Baño CF.

 

RESULTADOS

Cordeiro 1-2 Soneira 

Volantes de Baño 6-2 Piloño 

Dumbría 1-3 Flavia

Mazaricos 0-2 Baio 

 

CLASIFICACIÓN

SD Soneira : 1º con 22 puntos

CF Dumbría : 6º con 15

CD Baio : 7º con 14 puntos

Volantes de Baño CF : 13º con 10

CF Mazaricos : 16º con 8

 

PICHICHI

1º-Rober “Pladur”, (SD Soneira) : 6, (1 de penalti)

2º-Sergio, (Cordeiro CF) : 6, (3 de penalti)

3º-Berto, (Volantes de Baño CF) : 6

(Os 3 en 9 encontros polo tanto a órde é calquera)

 

10ª XORNADA

Soneira-Mazaricos : 10/11 ás 16:30 horas

Lalín-Volantes de Baño : 10/11 ás 17:00 horas

Baio-Dumbría : 10/11 ás 16:15 horas

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.