ASÍ VAI A 1ª GALICA G2 PARA OS EQUIPOS COSTEIROS TRALA DISPUTA DA 8ª Xda, (Crónica, resultados, clasificacións, pichichis, 9ª Xda…) :

O CF Mazaricos trouxose os 3 puntos do Municipal de Baño, (Valga).

 

Complicado rival tiña o lider SD Soneira ca chegada ao Municipal de Vimianzo do SD Esclavitude, pero os vimianceses sairon en tromba e antes da media hora de xogo xa gañaban por 3-0 con goles de Rober “Pladur”, (2) e Javier, pero reaccionaron os da zona compostelá e conseguía acurtar a ventaxe e deixar todo aberto para a segunda metade con dous tantos antes do descanso obra de José Ramón e José Manuel, este último ao transformar un penalti. Xa a segunda metade foi de maior control e máis aos poucos deste reinicio no que Adrián facía o 4-2 que sería definitivo, pero para o que houbo que suar. Tamén gañaba e con remontada a dmicilio o CF Dumbría, (1-2). Diego Cespón, no minuto 8 facía a igualada, (3 minutos despois do gol dos locais) e Yuyo non lle tremía o pé a hora de transformar un penalti que lles daría o trunfo final no 62´, para acabar a xornada no terceiro chanzo da clasificación a 4 puntos dos vimianceses e a puntos co SD O Pino, (15) e co cuarto Praiña Sporting Club.

Plantoulle cara o CD Baio ao SD Flavia, un dos que parten favoritos para todo e conseguía sacar un punto na sua visita ao Municipal do Souto, (Padrón). Os baieses vía como se lle adiantaban os padroneses aos 4 minutos do inicio cun tanto de Adrián Beiro, e 4 minutos despois respostaban cun tanto de Yago. Parecía que o encontro daría para máis co cedo que chegaron os goles pero as defensas gañáronlle aos atacantes e non se movería o marcador. Pola sua banda o CF Mazaricos acadaba unha importante vitoria sobre o Cordeiro CF a domicilio, (1-2), nun choque no que saían moi ben os mazariquenses e conseguía poñerse pronto con 0-2 con goles de Isma Pedrosa, (4´) e Jorge Viturrro, (20´). Complicouse a cousa antes do descanso cun tanto de Marcos para os de Valga, pero o gran traballo defensivo mazariquense atribuiulle os 3 puntos.

Outro que lle facía moita falla e sacou os 3 puntos foi o Volantes de Baño CF que derotaba por 1-2 ao CD Unión con dous tantos de Brto nos primeiros minutos de xogo e controlando ata o treito final o encontro. Sergio Nieto poñía a tensión no choque o acurtar distanzas no marcador no 79´, pero o equipo de Baño fixo valer o seu poderío en defensa para levarse para Baño os 3 puntos, no que se podería considerar un derbi.

Polo tanto xornada moi boa, cáseque perfecta para os equipos costeiros, puntuando todos e a só unha vitoria do pleno, co empate do CD Baio.

 

RESULTADOS

-8ª Xda-

Soneira 4-2 Esclavitude 

Unión 1-2 Volantes de Baño

Lalín 1-2 Dumbría, (Crónica preme aquí)

Flavia 1-1 Baio 

Cordeiro 1-2 Mazaricos

 

CLASIFICACIÓN

SD Soneira : 1º con 19 puntos

CF Dumbría : 3º con 15

CD Baio : 10º con 11 puntos

CF Mazaricos : 14º con 8

Volantes de Baño CF : 16º con 7

 

9ª XORNADA

03/11/2019

Cordeiro-Soneira : ás 17:00 arbitrado por Abel Fernández

Volantes de Baño-Piloño : ás 16:15 arbitrado por Samuel Gil

Dumbría-Flavia : ás 17:00 arbitrado por Brian Agüero

Mazaricos-Baio : ás 16:15 arbitrado por Juan Núñez

 

Rober “Pladur”, (SD Soneira), lidera a táboa de goleadores.

 

PICHICHIS

1º-Rober “Pladur”, (SD Soneira) : 6, (1 de penalti)

2º-José Marcote, (CF Dumbría) : 5

3º-David, (SD Negreira) : 5

4º-Jesús Fernando, (SD O Pino) : 5

5º-Sergio, (Cordeiro CF) : 5, (3 de penalti).

 

-Foto portada : Jorge Villar “Gorrión)

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”- piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.