ASÍ SERÁN OS GRUPOS E O PLAN COMPETICIONAL PARA A PREFERENTE E A PRIMEIRA FUTGAL 2025/26.

O Dumbría volve a Preferente Norte.

Tras xuntanza do Comité de Fútbol Afeccionado formaron a composición dos grupos e o plan competicional da 3ª RFEF, Preferente e Primeira Futgal, unha composición que non será firme ata a aprobación o vindeiro 29 de xullo pola Asemblea Xeral da RFGF, polo que son oficiosos, non oficiais.

 

O Sofán repite na Preferente e o Muxía na Primeira Futgal.

Na xuntanza do Comité diseñaron uns mapas nos que aparecen ben refrexados como quedan os diferentes grupos. Da costa temos esta vindeira tempada ao CF Dumbría e SD Sofán na Preferente Norte e ao CF Muxía, Camariñas FC, SD Castriz, SCDR Esteirana e SD Fisterra na Primeira Futgal. 

No cadro de datos podedes ver a composición dos grupos na foto do plan competicional coa data de comezo das ligas e o seu remate,a sí coma os Play-off, e que postos dan o ascenso direto, cales a promoción e os descensos.

 

 

 

 

-Foto-montaxes : RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”