ASÍ SERÁ A VINDEIRA 2ª B Pro, (1ª RFEF) :

 

Segundo apuntan en Riazor.org, dun resume do que se falou na xuntanza da Real Federación Española de Fútbol cos distintos clubs, para establecer as bases da nova 2ª B Pro ou 1ª RFEF, (como queirades chamarlle), categoría á que aspira actualmente o conxunto branquiazul e que estivo en dita xuntanza. Nesta nova competición haberá un total de 40 equipos repartidos en dous grupos de maneira xeográfica.

Estas son as bases sentadas na xuntanza :

Organigrama da competición
Dous grupos de 20 equipos, distribuídos xeograficamente. Ida e volta, chegando a 38 xornadas.
Ascenso directo a Segunda División para o primeiro clasificado de cada grupo.
Do 2º ao 5º de cada grupo xogan un playoff para decidir outras dúas prazas de ascenso. Sen quendas de penaltis, en caso de empate pasa de rolda o equipo con maior puntuación.
Do 16º ao 20º de cada grupo, descenso a 2ª RFEF.

Licenzas federativas
Máximo de 23 licenzas para cada equipo. 24 en caso de ter un terceiro porteiro.
Mínimo de 18 licenzas profesionais. Custo aproximado de 4.000€ cada unha.
Mínimo de 8 licenzas sub-23 por equipo.
Segue sen haber límite de extracomunitarios.

Campos e terreos de xogo
Céspede natural obrigatorio a partir da tempada 22/23.
Aforo mínimo con bancada perimetral de 4.000 espectadores a partir da tempada 23/24.

Competición
Convocatoria máxima de 23 xogadores por partido.
Parche e tipografía unificados para dorsais e nomes.
Médico colexiado con licenza en partidos e adestramentos.
Comercialización e cesión dos dereitos de TV (cifras aínda por determinar).
Posibilidade futura de reducir o número de filiais na categoría.

Ingresos
50.000€ de subvención para cada club.
Orzamento mínimo para cada club (cifra sen determinar).
Parte fixa de ingresos televisivos recibiranse mes a mes.
50% de ingresos televisivos repartirase de maneira equitativa.
25% en función de resultados deportivos.
25% en función de picadas.
Negociación con AFE para un convenio colectivo con salario mínimo para os xogadores.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/Riazor.org


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies