Aquí tedes como será a cuarta edición da Copa da Costa Feminina, dende que se celebra baixo a tutela da RFGF, xa que anteriormente houbo outras edicións orgañizadas polos clubes. Tal e como vos informamos e compulsamos con varios adestradores o sistema non gusta moito o cincidir con encontros de liga de equipos que se estñan a xogar moito.
Serán un total de 14 equipos os que se disputarán o trofeo, e non 16 como se falaba inicialmente, 3 da 2ª División Galega G1 e 12 da 3ª Galega G2. Non participarán o Bergantiños FC, (que participa na Copa da Coruña, tras ser o campión das anteriores edición da Costa), nen o Sporting Seaia CF, con equipo este íultimo no Fútbol 7.
O Sorteo realizouse no Auditorio do Concello de Zas e nél estiveron presentes representantes da Delegación da Costa e dos equipos participantes. Segundo nos comenta un dos adestradores o sorteo foi “tenso, e non houbo opción a que puidésemos falar e dar a nosa opinión, puxeron o que quixeron con calzador e hai que comelo así”.
Non gustou xa dende o primeiro intre o primeiro borrador entregado aos clubes e sigue sen gustar. A copa xogarase en menos de un mes, durante Maio e co fútbol sen acabar, tendo algún equipo que xogar varios encontros na mesma semana.
Desta volta e despois de anos a RFGF por medio da Delegación da Costa mandounos unha información, aquí tedes encadors todo o que se fixo no sorteo :
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Montaxes : RFGF