Esta pasada tempada a 3ª da Costa, (3ª Galicia G4), deu un salto de calidade ca chegada do Xallas e o Soneira, tras renunciar a xogar 1ª Galicia G2, pero como era de esperar ambos equipos ascenderon neste ano no derradeiro escalón, os de Santa Comba como campións indiscutibles e os de Vimianzo na promoción. Subiron 4 equipos, (Xallas, Corcubión, Soneira e Lira), e baixaron tan só 3, (Volantes de Baño, Baiñas e Camelle), o que resta xa un equipo para a 2024/25.
Equipos que formarán a 3ª da Costa 2024/25 e ano de fundación :
Volantes de Baño FC, (2011)
CD Baiñas, (2012)
SD Camelle, (1982)
SD Sofán B, (Filial : 2023)
SD Oza, (?)
UD Cerqueda, (1982)
Sporting Zas, (1975)
SCD Malpica, (1973)
SCD Buño, (1964)
Sporting Seaia CF, (?)
SD Laxe, (1964)
Atlético Pereiriña FC, (2007)
CD Nantón, (1981)
SD Ameixenda, (2012)
Falta saber a decisión do Bergantiños FC B, que voltará esta vindeira tempada para dar saida aos xogadores que acaban como xuvenís. Dende o clube ainda non decidiron onde queren ubicar ao seu equipo filial. Na historia da Liga da Costa o filial do equipo bergantiñán que esta pasada tempada cumpleu 100 anos, comezou a xogar na Liga da Costa na tempada 1965-66 e ata a siua desaparición. Tamén xoogaban nas ligas costeiras os seus equipos de base ata que a principios da década do 2010 decidiron cambiar para a zona norte cos equipos da Coruña. No caso de que o equipo filial dos carballeses optarán a xogar na 3º da Costa sería unha boa nova para a competición.
A 3ª da Costa como tal comezou a disputarse no 1993, tras haber dous grupos desde ó 1977 polo gran número de equipos costeiros na Liga da Costa. Fai uns anos cando se desvirtuou totalmente esta liga, a “irmán pequena” da Liga da Costa con ligas con 9 equipos, 3 voltas, etc, a afección, equipos e xogadores, estaban dacordo en que se volvese aos dous grupos da “irmán maior”, cousa que se obviou e que tras varios anos de desidia voltou un pouco a ser unha liga entretida. Posiblemente a pasada foi unha das mellores dos derradeiros anos, como decíamos ca chegada de dous grandes coma o Xallas e o Soneira.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”