ASÍ SERÁ A 3ª DA COSTA 2024/25, QUE COMEZARÁ O VINDEIRO 8 DE SETEMBRO CUN SÓ ENCONTRO.

O Porteño comeza recibindo o Corme.

 

O vindeiro 15 de Setembro, “Domingo da Barca”, xogarase o groso de encontros da 3ª da Costa, unha competición que troca o seu nome , coma tódalas que eran ca denominación Galicia e que pasan a ser Futgal, neste caso a Terceira Futgal A Costa, para nos sigue sendo a 3ª da Costa na que se refire aos equipos costeiros. Un total de 15 equipos competirán tendo que descansar un en cada xornada, na inicial será o Sporting Seaia CF. Todos eles buscarán o ascenso a Segunda Futgal G2, (Liga da Costa), tras disputar 30 xornadas, a derradeira da liga regular o 11 de Maio do 2025. 

O iniciarse a liga en plena celebración da Romaría da Barca, o debutante CF Muxía B  que se enfrontará o SCD Buño, adianta o seu encontro a este vndeiro Domingo 85 de Setembro. Novidades nesta tempada 2024/25, serán o CF Muxía B e o Inter de Brens, como equipos de nova factura, e os descendidos da Liga da Costa, CD Baiñas, SD Camelle e Volantes de Baño FC.

 

Equipos participantes e 1ª xornada

UD Cerqueda-CD Baiñas

SD Sofán B-SD Camelle

SCD Malpica-Sporting Zas

Inter de Brens-Atlético Pereiriña FC

Volantes de Baño FC-SD Oza

SD Laxe-CD Nantón

CF Muxía B-SCD Buño, ás 12:00 horas do 08 de Setembro.

 

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies