A Esteirana só sabe gañar no que vai de liga.
O final deste 2024 saldouse coa Esteirana no máis alto da clasificación co Céltiga a 3 puntos e cun encontro menos. Ambos equipos suman os seus encontros por vitoriascunha mellor bagaxe das rapazas de Fran Figueroa no eido realizador con 59 goles a favor polos 50 das de Vilanova da Arousa. No que foron mellores as arousanas foi nos goles recibidos con tan só 3 polos 11 das das Salinas, valga repetir que as sureñas teñen un encontro menos que xogarán antes de Reis.
Outra das escadras costeiras, o As Miúdas, tras un comezo irregular sumaron as duas derradeiras xornadas como vitorias e subiron a 6ª praza. Pola sua banda o terceiro equipo da costa, o Outes, non se deu adaptado a categoría e encadeaba 4 derrotas nas 4 primeiras xornadas pero rexurdían e sumaban 3 vitorias seguidas con 21 goles a favor e tan só 2 en contra. Curtoulles a progresión a derradeira xornada do ano na que perdía por 5-0 contra as segundas, Céltiga, que xunto ca Esteirana, como decíamos, son as únicas escadras que só saben gañar neste curso.
Encontros suspendidos
A liga non volve ata o 12 de Xaneiro de 2025, pero mañán mesmo, (29/12/2024), xogarase o Mosteiro-Outes a partires das 17:00 horas no As Lombas, de Catoria. Para completar a 7ª xornada que fora suspendida polo temporal “Brest” o 24 de Novembro, xogarase o Céltiga-Sonnia Portus Apóstoli a partires das 16:oo horas no A Bouza, de Vilanova da Arousa. Tras estes encontros teremos a clasificación real do final deste 2024.
Goleadoras
A “Pichichi” da competición neste final de ano é xogadora da esteirana, Rut Castro con 26 goles en 9 encontros, seguida de Laura Gómez, (CCD Taragoña), con 17 tantos en 9 choques disputados e completando o podio temos a Aldara Muñiz, (Juventud Cambados), con 16 dianas en 8 encontros, (3 delas de penalti). As portas do podio temos a Bárbara Caamaño, (Esteirana), con 13 goles en 8 encontros.
O noso desexo de un ventureiro e feliz 2025 para todas/os os que forman o fútbol feminino da costa.
3ª GALEGA FEMININA G4
-9ª Xornada-
-22/12/2024-
EFF Sonnoia Portus Apóstoli 0-2 Juventud Cambados
Céltiga FCF 5-0 Outes FC
Catoira SD 0-2 EFMC Boiro B
CD Mosteiro 6-3 CD Rois
Bastavales UD 0-1 ED As Miúdas
Milladoiro SD 1-12 SCDR Esteirana
SD Chispa 4-2 CCD Taragoña
-CLASIFICACIÓN-
1º SCDR Esteirana : 27 puntos
2º *Céltiga FC : 24 puntos
3º Juventud Cambados : 19 puntos
4º SD Chispa : 17 puntos
5º CCD Taragoña : 16 puntos
6º ED As Miúdas : 13 puntos
7º *CD Mosteiro : 12 puntos
8º CD Rois : 12 puntos
9º *EFF Sonnola Portus Apóstoli : 10 puntos
10º EFMC Boiro B : 10 puntos
11º *Outes FC : 9 puntos
12º Bastavales UD : 7 puntos
13º Milladorio SD : 3 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
*Os equipos con asterisco teñen un encontro menos.
PREVIA
-10ª Xornada-
(12/01/2024)
Juventud Cambados-SD Chispa, ás — horas
Outes FC-EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás — horas
EFMC Boiro B-Céltiga FCF, ás — horas
CD Rois-Catoira SD, ás — horas
ED As Miúdas-CD Mosteiro, ás — horas
SCDR Esteirana-Bastavales UD, ás — horas
CCD Taragoña-Milladoiro SD, ás — horas
-Foto : Fran Figueroa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”