O Corme CF proclamouse “Campioas de inverno”.
O Corme CF, lider indiscutible da categoría acadou o meritorio título honorífico de “Campión de inverno”, tras golear o novel Soneira, (6-0), sendo o único equipo invito da categoría e sumando pleno de vitorias, as rapazas de Rubén Souto ademáis son o equipo máis goleador, (44), e o menos goleado con nada máis ca 3 goles en contra en 9 choques. O único equipo que lles aguanta o tirón é o Mazaricos a 5 puntos, un equipo que rendabiliza moi ben os seus goles sumando 26. Outro que lle aguantaba a tirada das cormelanas era o Ponteceso pero caía na derradeira xornada deste 2024 ante o Cabana, (1-1), para distanciarse a 9 puntos das veciñas, eso sí cun encontro menos, polo que poderá recurtar puntos.
Ca flecha hacia arriba acaba o ano o Escolas de Fútbol “Juan Cabrejo”, (o equipo que mellor rendabiliza os goles con tan só 17 a favor, pero con tan só 5 en contra), que se encaramou nesta derradeira xornada no ano a cuarta praza aproveitando o pinchazo do Muxía ante o filial do Bergantiños, (3-2). As muxianas deron un salto de competitividade ca recuperación fai unhas xornadas das xogadoras Barca Toba e Elsi Mouzo, lesionadas dende a pasada tempada, e que foron unha boa nova neste treito final de 2024, tras superar sendas roturas de ligamentos no xeonllo.
Colouse neste final de ano o Corcubión antre as 5 primeiras tras golear o Sporting Zas. Bo papel do Soneira neste seu primeiro ano no fútbol feminino sumando 2 vitoias e un empate nestes seus primeiros 9 encontros no fútbol feminino.
Encontros suspendidos
A liga non volve ata o 12 de Xaneiro de 2025, pero mañán mesmo, (29/12/2024), xogarase un dos 3 encontros que quedan por disputar da 7ª xornada, suspendida o 24 de Novembro por mor dos fortes ventos e chuvia do temporal “Brest”. Bergantiños CF B e UD Cerqueda xogarán no As Eiroas a partires das 12:25. Para o 4 de Xaneiro de 2024 quedan os outros dous encontros que completan esta xornada : SD Fisterra-EFCC “Juan Cabrejo”, (17:00 horas no Arasolis), e Ponteceso SD-CF Muxía, (16:30 horas no O Pinguel). Tras estes encontros teremos a clasificación real do final deste 2024.
Goleadoras
A “Pichichi” da competición neste final de ano é Naroa Parga do Corme CF con 15 goles en 9 encontros, seguida de Patri Romaní, (CF Muxía), con 13 tantos en 8 choques disputados e completando o podio temos a Cristina Veres, (Corme CF), con 10 dianas en 9 encontros, (unha delas de penalti).
O noso desexo de un ventureiro e feliz 2025 para todas/os os que forman o fútbol feminino da costa.
3ª GALEGA FEMININA G2
-9ª Xornada-
(22/12/2024)
Corme CF 6-0 Soneira SD
Sporting Zas 0-4 UD Corcubión
CF Mazaricos 2-0 UD Cerqueda
SD A Baña 0-2 EFCC Juan Cabrejo
Bergantiños CF B 3-2 CF Muxía
SD Fisterra 1-1 SCD Pastoriza B
Cabana SD 1-0 Ponteceso SD
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 27 puntos
2º CF Mazaricos : 22 puntos
3º *Ponteceso SD : 18 puntos
4º *EFCC “Juan Cabrejo” : 18 puntos
5º UD Corcubión : 17 puntos
6º *CF Muxía : 16 puntos
7º *Bergantiños FC B : 15 puntos
8º Cabana SD : 13 puntos
9º Soneira SD : 7 puntos
10º SCD Pastoriza B : 5 puntos
11º *SD Fisterra : 5 puntos
12º Sporting Zas : 4 puntos
13º *UD Cerqueda : 4 puntos
14º SD A Baña : 3 puntos
* Os equipos con asterisco teñen un encontro menos xogado.
PREVIA
-10ª Xornada-
(12/01/2024)
Soneira SD-Cabana SD, ás — horas
UD Corcubión-Corme CF, ás — horas
UD CerquedaSporting Zas, ás — horas
EFCC Juan Cabrejo-CF Mazaricos, ás — horas
CF Muxía-SD A Baña, ás — horas
SCD Pastoriza B-Bergantiños CF B, ás — horas
Ponteceso SD-SD Fisterra, ás — horas
-Foto : Fin Lema
-Texto : Xosé Búa “Pirata”