ASÍ REMATARON O 2024, XALLAS, CEE E DUMBRÍA NA 2ª GALEGA FEMININA G1 E ASÍ COMEZARÁN O 2025.

Xallas e Dumbría na pasada Copa da Costa.

 

Este 2024 rematou para os tres equipos da costa con pleno de vitorias e situados todos eles moi ben na táboa clasificatoria. O Xallas remata o ano no segundo chanzo da clasificación a un punto das líderes, Pastoriza, e o Cee e o Dumbría da man na 7ª e 8ª posición, nunha clasificación que xa é real con tódolos equipos cos 14 encontros xogados na 14ª xornada, a unha de que remate a primeira volta que se levará a cabo o 12 de Xaneiro do 2025 na volta a competición. 

GOLEADORAS

Eva Lema, (CF Dumbría) e Paula Veiga, (UC Cee), con 16 tantos, (a primeira en 12 encontros e a segunda en 13), xunto con Ánxela Prado, (Lugo B), ocupan o liderato das Pichichi, sendo a segunda praza para Lucía Camisón, (Pastoriza), con 12 goles, e completando o podio outra costeira, Olalla Antelo, (Xallas), con 11 tantos.

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-14ª Xornada-

-22/12/2024-

Xallas FC 2-1 SD Tordoia

 UDJ Almeiras 1-7 CF Dumbía

 CD Lugo B 5-0 Orillamar SD

 Sporting Meicende 3-2 Silva SD

SCD Pastoriza 4-1 PM Friol B

Sporting Burgo 5-1 Orzán SD B

 UC Cee 3-0 Cultural Maniños

UD Carral 6-1 Brexo Lema

 

-CLASIFICACIÓN-

SCD Pastoriza : 36 puntos

 Xallas FC : 35 puntos 

 SD Tordoia : 29 puntos

4º Orzán SD B : 29 puntos

UD Carral : 26 puntos

 Sporting Burgo : 26 puntos

 UC Cee : 24 puntos

 CF Dumbría : 21 puntos 

9º CD Lugo B : 18 puntos

10º Brexo Lema SD : 17 puntos

11º PM Friol B : 13 puntos

12º UDJ Almeiras : 12 puntos

13º Sporting Meicende : 10 puntos

14º Orillamar SD : 10 puntos

15º Cultural Maniños : 8 puntos

16º Silva SD : 5 puntos

 

-PREVIA-

-15ª Xornada-

-12/01/2024-

SD Tordoia-UDJ Almeiras, ás 16:30 horas 

 CF Dumbía-CD Lugo B, ás 16:30 horas 

 Orillamar SD-Sporting Meicende, ás 16:30 horas 

 Silva SD-SCD Pastoriza, ás 16:30 horas 

PM Friol B-Sporting Burgo, ás 16:30 horas 

 Orzán SD BUC Cee, ás 16:30 horas

 Cultural Maniños-UD Carral, ás 16:30 horas 

Brexo Lema-Xallas FC, ás 16:30 horas

-Os horarios son oficiosos non oficiais.

 

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata

 

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies