Zas e Volantes dous candidatos a todo.
O Malpica lider indiscutible despideu o 2024 goleando ao Baiñas, (3-0), e sendo o rival a batir nunha liga na que remata o ano con 4 rivais claros a disputarlle o campionato aos malpicáns. Sporting Zas, Volantes de Baño, Sofán B e Cerqueda, son os que nestes intres apuntan a loitar polo ascenso direto e polo título co Malpica como principal rival a día de hoxe e tras 13 xornadas disputadas. Os de David Baña suman 11 vitorias, 1 empate e tan só 1 vitoria nos 13 encontros disputados, con 39 goles a favor e tan só 11 en contra, sendo neste derradeiro dato os menos goleados da categoría.
Curiosamante no eido de goles a favor calquera dos tres seguintes na táboa superan neste eido os malpicáns, Sporting Zas, (51), Volantes, (49), e Sofán B, (57), sendo estes últimos os líderes en marcar goles, señal inequívoca de que o lider rendabiliza ben os goles, cousa que tamén lle pasa o Cerqueda para estar enganchado aos da loita polo ascenso, con 32 goles marcados e 16 encaixados.
Este parón que temos na liga ata o 12 de Xaneiro do 2025, valeralle aos equipos para recuperar xente xa que hai moitos lesionados, en grande medida polo chuvioso que está a ser o inverno con moitos días de ventos do cadrante sur, o que fai que os campos estén máis perigosos e sexan causa indireta e dierata das lesións. Hai equipos que con tanto lesionado teñen que facer números para completar as convocatorias.
Tamén valerá este parón para xogar os dous encontros que hai pendentes da xornada 11ª, cando non se xogou polo temporal “Brest” o 24 de Novembro. Unha vitoria do Sofán B levaríao a segunda praza a tan só 2 puntos do lider, Malpica.
Encontros que foran suspendidos, horarios e datas
Atlético Pereiriña FC-CD Nantón, 04/01/2025 às 17:00 horas
SD Sofán B-Inter de Brens, 04/01/2025 às 17:00 horas
Máximos goleadores
O podio dos máximos artilleiros da 3ª da Cista está liderado por Raúl Corzón, con 19 goles, (3 de penalti), en 12 encontros xogados. O cupa o segundo chanzo da clasificación, Ismael Ramos, (Sofán B), con 15 en 11 encontros, os mesmos que ten Raúl Lestón, (1 de penalti), pero neste caso colleitounos en 12 encontros. A terceira praza tamén está compartida con Adrián Vázquez, (Sofán B), e Lucas Caamaño, (Camelle), ambos con 12 goles, o sofanista en 9 encontros e o xogador dos camelláns en 12.
3ª DA COSTA
-14ª Xornada-
-22/12/2024-
CF Muxía B 1-2
SCD Buño 0-4 SD Oza
SD Laxe 0-1 Sporting Seaia CF
Volantes de Baño FC 3-0
1-0 SD Camelle
SCD Malpica 3-0 CD Baiñas
0-2 UD Cerqueda
Descansa : Sporting Zas
-CLASIFICACIÓN-
1º SCD Malpica : 34 puntos
2º Sporting Zas : 30 puntos
3º Volantes de Buño FC : 30 puntos
4º *SD Sofán B : 29 puntos
5º UD Cerqueda : 27 puntos
6º *Atlético Pereiriña FC : 20 puntos
7º SD Oza : 18 puntos
8º CD Baiñas : 16 puntos
9º Sporting Seaia CF : 14 puntos
10º *CD Nantón : 13 puntos
11º SD Camelle : 12 puntos
12º *Inter de Brens : 11 puntos
13º SCD Buño : 9 puntos
14º CF Muxía B : 7 puntos
15º SD Laxe : 2 puntos
*Os do asterisco teñen un encontro menos.
PREVIA
-15ª Xornada-
-12/01/2025-
CD Nantón-SCD Buño, ás — horas
SD Oza-SD Laxe, ás — horas
Sporting Seaia CF-Volantes de Baño FC, ás — horas
Sporting Zas–Inter de Brens, ás — horas
SD Camelle-SCD Malpica, ás — horas
CD Baiñas-SD Sofán B, ás — horas
UD Cerqueda-CF Muxía B, ás — horas
Descansa : Atlético Pereiriña FC
-Foto : Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”