ASÍ QUEDOU O SORTEO DA “57ª COPA DA COSTA SENIOR” E A “2ª COPA DA COSTA FEMININA”.

 

O Muiño das Mareas do Pozo do Cachón, en Muros, foi o lugar elixido pola RFGF para realizar o sorteo dunha nova edición da histórica Copa da Costa, que chega a sua 57ª edición na categoría masculina e a 2ª na feminina.

Comezará o vindeiro 29 de Maio cunha previa antre Canama e Corme para o 5 de Xuño comezar co groso das eliminatorias, no que se refire aos homes. Na mulleres comeza o 5 de Maio con duas previas de ida e volta. Curioso que entra o CF Noia, (foi equipo da costa antigamente o masculino), e non aparece o Mazaricos.

Así queda o sorteo, o cal con cáseque 15 anos escribindo e ensalzando o fútbol costeiro, non fomos invitados, pero é o que ten non “bailar” o son que quer algún.

 

 

 

 

-Fotos : web RFGF

-Texto : piratasdemuxia