ASÍ QUEDOU A VOLTA DA PREVIA DA “COPA DA COSTA XUVENIL”.

A Esteirana foi o equipo máis forte desta previa.

 

Estes foron os resultados da volta da previa da Copa da Costa Xuvenil, na que a única sorpresa con respecto a ida, foi a vitoria do CD Baio ante o UC Cee, tras caer derrotados os baieses na ida por 2-4, dándolle a volta a eliminatoria cun craro 0-3 en Cee. En verde os equipos que pasan a cuartos de final, aos que hai que engadirlle o Cabana e Sofán, que onte disputaban a final polo título de campión absoluto dos xuvenís costeiros e unha praza para a promoción de ascenso. Foi o SD Sofán o que se levou o título e a praza, tras derrotar nos penaltis aos cabaneses.

 

 “COPA DA COSTA XUVENIL”

Esteirana 6-0 Porteño. Na ida 2-3 para os esteiráns.

Outes 3-3 Sp Zas. Na ida 2-3 para os da Serra.

Ponteceso 0-3 Corme. Na ida 5-1 para os cormeláns.

Muxía 0-4 Xallas. Na ida 2-2.

Soneira 2-1 Cerqueda. Na ida 3-2 para os cerquedenses.

UC Cee 0-3 Baio. Na ida 2-4 para os ceenses.

 

-Foto : FaceBook Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies