Moitos movementos na recta final do mercado de fichaxes as que fixo a dirección deportiva do RC Deportivo, comandada por Fernando Soriano. No tocante a incorporacións a confirmación da fichaxe do xove extremo dereito arxentino, Juan Gauto, foi a definitiva, pero no que se refire a saidas foi máis importante a cantidade de movementos.
Raúl Alcaina foi cedido o Real Murcia, Iano Simao ao Arenteiro, Luis Chacón a Cultural Leonesa, e a máis rocambolesca, a de Rubén López o filial do Barcelona. Xa se falou nestes días desta petición por parte do representante do rapáz, ao que o RC Deortivo contestou remitindo o equipo catalán a cláusula do rapáz, por enriba dos 8 millóns de euros. Dado que o club barcelonés anda falto de economía, o final chegaron a un acordo de cesión, escoitando o equipo deportivista o desexo de Rubén de irse cedido.
Así explican dende o clube a cesión de Rubén : “Rubén López (Lamela, Pontevedra, 26 de agosto de 2004) xogará esta temporada 2024-25 cedido no FC Barcelona Atlètic. O RC Deportivo accedeu á petición do xogador, entendendo que a decisión axudará á súa proxección como xogador. O acordo de cesión recolle unha cláusula de opción de compra voluntaria para o FC Barcelona. Á súa vez, o RC Deportivo se garda unha opción de recompra, outra de tanteo e podería repescar a Rubén no próximo mercado de inverno se non chega a disputar unha determinada porcentaxe de minutos. O Club considera a Rubén López un prezado valor de futuro e confía en que este paso sirva para continuar o seu proceso de mellora e poida regresar sendo aínda mellor futbolista”.
Así queda a plantilla :
Porteiros : Parreño. Eric Puerto e Helton Leite
Defensas : Ximo Navarro, Petxarroman, Pablo Martínez, Pablo Vázquez, Jaime, Barcia, Escudero e Obrador
Medios : Villares, José Ángel, Mfulu, Hugo Rama e Patiño
Extremos : Yeremay, Mella, Soriano e Gauto
Dianteiros : Lucas, Barbero, Davo e Bouldini.
Un total de 24 xogadores conforman a primeira plantilla, con Obrador que xogará con ficha do Fabril.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”