ASÍ QUEDOU A IDA DOS CUARTOS DE FINAL DA “COPA DA COSTA XUVENIL” QUE TIVO ONTE O DERRADEIRO ENCONTRO CO BAIO E O CABANA COMO PROTAGONISTAS.

 

O CD Baio-Cabana SD xogouse onte mesmo.

Así quedaron os encontros da ida da “Copa da Costa Xuvenil”, unha eliminatoria na que xa entraron o SD Sofán e o Cabana SD, tras xogarse o título, que se foi para os sofanistas, e a promoción que foi para os cabaneses o non poder disputala os de Sofán por ser filiais do Bergantiños FC. Os sofanistas comezan fortes e golean ao campión do grupo sur en liga, namentras que os cabaneses fan o mesmo co CD Baio.

Este encontro xogouse onte martes, o ter os cabaneses a volta da promoción o vindeiro sábado ante o San Tirso, (4-1), nun choque cheo de polémica arbitral, coma sempre que un equipo da costa xoga contra equipos de cidade.

Nos outros dous encontros o Xallas derrotaba de maneira axustada ao Soneira, e o Corme, tamén cun resultado axustado, derrotaba a domicilio ao Outes. Os encontros de volta son o vindeiro sábado, agás o Cabana-Baio que se pasa o martes día 10.

 “CUARTOS DE FINAL COPA DA COSTA XUVENIL”

SD Sofán 4-0 SCDR Esteirana

Outes FC 1-2 Corme CF

Xallas FC 3-2 Soneira SD

CD Baio 1-5 Cabana SD

 

Encontros de volta

 SCDR Esteirana – SD Sofán, sábado 7 ás 11:30 horas

 Corme CF – Outes FC, sábado 7 ás 17:30 horas

 Soneira SD- Xallas FC, sábado 7 ás 19:00 horas

Cabana SD – CD Baio, martes 10 ás 19:30 horas

-Foto : FaceBook Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies