ASÍ QUEDARON OS ENCONTROS DOS OITAVOS DE FINAL DA “COPA DA COSTA DE VETERANOS”.

 

Dous encontros suspendidos, o Arasolis-Oza, o non contar o equipo ocense con xente como para xogar, ao ter “5 lesionados, 4 por traballo e outros 5 de viaxe”, segundo nos comentan, e o Bértoa-Mazaricos, dende onde nos contan que o Mazaricos non dispoñía dos xogadores necesarios. E tamén houbo dous encontros que tiveron que ir os penaltis.

O Ponteceso-Malpica acabou 0-0, e se no encontro a falla de acerto foi abrumante, na tanda de penaltis non foi menos, pois os pontecesáns quedaban fora por 0-3, errando tódolos penaltis lanzados, polos 3 acertados polos xogadores malpicáns.

O Outro encontro que acabou con igualada foi o Coristanco-Dumbría, (2-2), nun choque no que se adiantaban os dumbrieses por medio de Morcillo, (26´), e poñíanse 0-2 por medio de novo de Morcillo, antes do descanso, (45´). Un penalti transformado pasada a hora de xogo por medio de Javi Sande, (65´), poñía no encontro aos Coristanco, e no 87 Ángel Pena, poñía a igualada. Nos penaltis pasaban os dumbrieses por 3-4, tras lanzarse 10 penaltis.

-Foto e Texto : piratasdemuxia