ASÍ QUEDARON OS EMPARELLAMENTOS PARA OS OITAVOS DE FINAL DA “LIX COPA DA COSTA” :

 

Este pasado 6 de Nadal de 2023 xogáronse os Dazaseisavos de final da “lix copa da costa”, tal e como xa vos informamos, primeiro ca axenda de encontros e despois con tódolos resultados, xogábanse 15 dos 16 encontros desta eliminatoria a encontro único. Queda por disputarse o Xallas-Sofán, que se disputará ao vindeirio día 23, víspera de Noiteboa. Os pases foron cáseque todos os agardados, agás no Sporting Seaia-Castríz, no que os seaieses da 3ª da Costa, daban a sorpresa o deixar fora ao intratable lider da Liga da Costa. Outra das sorpresas foi a eliminación da Esteirana da 1ª Galicia G2, a mans do Camariñas da Liga da Costa, e media sorpresa a eliminación do Camelle, equipo da Liga da Costa, pero que non está en boa liña, a mans do Cerqueda equipo da 3ª da Costa, polo demáis o guión foi o establecido. Os Oitavos de Final tamén será a encontro único o 11 de Febreiro.

Esta nova modalidade de xogar as eliminatorias da copa en pleno inverno e con moita carga de encontros para os equipos, así coma o mal tempo típico e normal desta época do ano, está facendo que sexa un total fracaso, tanto polo sufrimento que teñen que soportar os xogadores, a falta de xogadores por cuestións laborais ou de desprazamento, e de afección, xa que o climatolóxico, sobre todo alonxa dos campoos a xente no evento deportivo máis importante do fútbol afeccionado.

 

Despois dos resultados que tedes máis abaixo na táboa que vos ofrecemos nada máis acabar os encontros os emparellamentos son os seguintes :

 

Sporting Zas-CF Muxía

SD Fisterra-SD San Lorenzo

CF Porteño-UC Cee

Corme-Vencedor do Xallas FC-SD Sofán

++++++

Camariñas FC-CF Dumbría

SD Oza-CF Mazaricos

Sporting Seaia CF-CD Baio

UD Cerqueda-Ponteceso SD

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”