ASÍ QUEDARON OS DAZASEISAVOS DA “LVII COPA DA COSTA”…E ASÍ QUEDAN OS OITAVOS.

Sen sorpresas nos Dasaseisavos de final da “LIV Copa da Costa”, na que os encontros nos que non había un favorito claro destacar a eliminación dun Xallas FC que chegaba moi forte da fase de permanenza na Preferente Norte, da na que caeu a 1ª Galicia inxustamente. Os dumbrieses pasaban o corte cun axustado 2-1, nun choque no que se adiantaron os de dumbría por medio de Darío de penalti, (35´), q e que tan só 3 minutos despois un penalti a favor dos xalleiros, dáballe o empate, por medio de Alex Blanco. Antes do descanso Xabier poñía por diante aos dumbrieses cun tanto de Xabier, 843´), e xa non se movería o marcador, no transcurso do choque.

No outro choque de “titáns”, o Soneira facíalle fronte ao Fisterra. Chegaban o término do tempo reculamentario con empate a uns, e non era ata a prórroga cando os fisterráns acadaban a eliminatoria.

Outros choque igualados foron o Monte Louro-Lira que acababa con empate a ceros, (0-9), e pasaban os de louro nos penaltis, (12-11), tras o lanzamento de 24 penas máximas. Tamén o SD Muros-UC Cee, que acababa 1-1 e gañaban nos penaltis os muradáns, 4-2.

Destacar tamén como igualados o Sporting Seaia-Outes FC, (2-3), e o SD Oza-CD Baiñas, (2-3), nos que puido pasar de todo e que se decidiron “in extremis”.

-Foto e Texto . piratasdemuxia