ASÍ QUEDARON OS CADROS DA “COPA DO REI E DA RAIÑA DE HOCKEY A PATÍNS” QUE SE XOGARÁ DO 10 O 13 DE XUÑO NA CORUÑA.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, (centro), e a concelleira de deportes Mónica Martínez, cos responsables do sorteo.

 

Sorteado esta mañán no Concello de A Coruña o cadro das Copas do Rei de Hockey a Patíns,  masculino e feminino,  que se celebrarán na cidade herculina do 10 ó 13 de Xuño, no Pazo dos Deportes de Riazor .

 

Copa do Rei de Hockey a Patíns Masculina

Cuartos de final
1-Deportivo Liceo – CP Voltregà Stern/Motor (Xoves 10)
2-Recam Làser CH Caldes – CE Lleida Llista Blava (Xoves 10)
3-Reus Deportiu Miró – Garatge Plana CH Girona (Venres 11)
4-Barça – CE Noia Freixenet (Venres 11)

Semifinais
Gañador partido 1 – Gañador partido 2 (Sábado 12)
Gañador partido 3 – Gañador partido 4 (Sábado 12)

Final
Gañador semifinal 1 – Gañador semifinal 2 (Domingo 13)

 

O xoves 10 de Xuño, o Liceo medirase ao Voltregá e o Caldes, ao Lleida, mentres que o venres 11, será a quenda do Reus-Xirona e o Barcelona-Noia. Deste xeito, o Liceo, cuxa bóla foi a primeira en saír, e o Barcelona, non se poderían atopar ata a final no caso de superar as dúas eliminatorias previas.

Copa do Rei de Hockey a Patíns Feminina

Cuartos de final
1-Magic Studio CP Manlleu – Telecable HC (Xoves 10)
2-CP Voltregà Stern Motor – PHC Sant Cugat (Xoves10)
3-Generali HC Palau de Plegamans – CHP Bigues i Riells (Venres 11)
4-Cerdanyola CH – CP Las Rozas (Venres 11)

Semifinales
Gañador partido 1 – Gañador partido 2 (Sábado 12)
Gañador partido 3 – Gañador partido 4 (Sábado 12)

Final
Gañador semifinal 1 – Gañador semifinal 2 (Domingo 13)

 

O último vencedor, o Telecable Xixón, comezará a defender o título o xoves 10 ante o Manlleu, no que será a reedición das semifinais do playoff polo título de Liga, e atoparase nas semifinais co vencedor do Voltregà-Sant Cugat. O venres, o Palau, que se está xogando a liga co Manlleu, medirase ao Bigues i Riells e o Cerdanyola fará o propio con Las Rozas.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : Mónica Arcay, (Hockey Global)

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies