ASÍ QUEDARON O DEPOR, DEPORTIVO FEMININO, E FABRIL, TRALO PECHE DO MERCADO DE FICHAXES.

 

Trlo remate do mercado de fichaxes de inverno o Depor deu coñecemento dos dorsais ata final desta tempada 2023/24, tanto no Depor coma no Deportivo Feminino.

No que se refire ao primeiro equipo da 1ª Federación chegaron o xove meta, Eruc Puerto, dende o Antequera, o dianteiro, Raúl Alcaina dende o Alcoyano e o interior dereito, Luis Quintero, dende o Villareal, e que estaba xogando no Amorebieta da 2ª División. Os dous primeiros cn propiedade e este último cedido cunha alta opción de compra. Subeu o primeiro equipo o lateral esquerdo do Fabril Iano Simao, que ata agora adestrou cos de Idiakez, pero non podía xogar senón xa non podería voltar a facelo co Fabril. Concretamente hoxe 2 de Febreiro cumpre 24 anos.´Tamén pasa a ter ficha do primeiro equipo David Mella, que vestirá o 3 que deixou Retuerta.

No capítulo de baixas a máis dolorosa foi a de Ian Mackay, que foi “invitado” a sair para deixar libre unha praza de adultos, pronto atopou acomodo pois as poucas horas xa era xogador do Eldense da 2ª División. Tamén se foi Retu, que deixaba o equipo vía rescisión de contrato e despois de recuperarse da lesión que sufreu fai un par de meses.

 

 

O Deportivo ABANCA, lider da 1ª Federación Feminina, incorporou a duas xogadoras, Lucía Martínez e Michi Apóstol e conta ca baixa de Ayaka, que se lesionaba fai uns días do ligamento lateral externo do seu xeonllo esquerdo e que se perde o que resta de tempada. Tamén está lesionada Laurina, pero en proceso de recuperación.

. Segundo comunicaba en rolda de prensa, Kevin Cabado, director deportivo das féminas : “”Para o que adoita ser os mercados do Dépor ABANCA foi un mercado con bastante movemento. Criamos que podiamos afrontar aínda o que queda con máis garantías. Tivemos dúas situacións particulares como a de Laurina e a de Ayaka. Criamos que tiñamos que reforzar o equipo, pero tampouco en exceso porque a xente de fútbol base está a achegar minutos de calidade. Entón con estes reforzos podemos afrontar o que queda con garantías”.

Características das fichaxes
“Lucía era unha moza que estabamos a valorar xa mesmo en contextos de próximas temporadas. Os números dino todo, unha xogadora con 41 partidos en Liga F con só 22 anos. Vén de competir este ano xogando 7 partidos de titular en Primera División e que se pode complementar moi ben coas centrocampistas puras que temos, tanto con Paula como con Henar, mesmo con Carmen Carballada do filial. Vai vir a sumarnos experiencia a pesar deses 22 anos e moito equilibrio”.

“Michi Apóstol é unha aposta máis a medio prazo do Club, unha aposta dela, unha aposta nosa. Desde o primeiro momento valorámolo porque o mercado invernal en fútbol feminino é difícil, pero as ligas suramericanas finalizaran e as xogadoras estaban libres. Queriamos traela polo talento que tiña. Agradecer nese sentido ao seu Club anterior, Addifem, porque se portou de marabilla connosco, deixouna saír, púxonos todas as facilidades en canto aos trámites e cremos que Michi vainos a dar moitas alegrías nun medio prazo”.

 

Tres incorporacións no Fabril

O Fabril reforzouse para tratar de acadar a permanenza na 2ª Federación co mediocentro Álex Alfaro, o dianteiro Jorge Martínez-Losa e que lateral esquerdo Álvaro Badía, que foi o derradeiro en chegar, para suplir a baixa de Iano Simao. Chegou dende o Villareal C. No que se refire a baixas, cedeu a Quique Teijo o Betanzos CF, (3ª Federación), e a Álvaro Santamaría ao CD Cayón, (2º Federación).

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies