Tralo comunicado da RFGF polo que se van a dar por finalizadas as ligas de fútbol e fútbol sala, rematadas coa clasificación do día 14 de Marzal, unha decisión que ten a aprobación do 95% dos asembleistas, polo que xa se pode dar por feito, así quedarán as ligas senior que teñen equipos da costa. Tendo en conta que esto é ata que na vindeira semana a RFGF de por aprobado o finiquito das ligas é unha suposición. Aquí vos traeremos como quedarían as ligas nas que hai equipos costeiros e as costeiras en si e coidando que haxa “Play-Off de ascenso”. O que sí está seguro é que non hai descensos, a menos que na data do 14 de Marzal xa estivera algún equipo descendido matematicamente. Este caso non se da para ningún equipo da costa. O Sporting Zas, da Liga da Costa, estaba as portas de descender, pero este parón beneficiouno.
PREFERENTE NORTE
Ascenden a 3ª División : Viveiro CF como campión e SD Fisterra como subccampión.
Promocionan : CD Boiro e CF Noia
Manteñen a categoría : SD Sofán, Xallas FC e Laracha CF
1ª GALICIA G2
Ascende a Preferente Norte : SD O Pino como campión
Promocionan : SD Soneira e CF Dumría
Manteñen a categoría : CD Baio, CF Mazaricos e Volantes CF
LIGA DA COSTA
Ascende a 1ª Galicia G2 : Corme CF como campión
Promocionan : SD Ponteceso, SCDR Esteirana e Muxía CF
Manteñen a Categoría : SCD Buño e Sporting Zas
3ª DA COSTA
Esta liga estaba rematada co ascenso de FC Camariñas como campión e Outes CF subcampión
Promocionan : SD Camelle, UD Monte Louro, SD Laxe e CD Nantón.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.