ASÍ QUEDA O DEPOR ATA FINAL DE TEMPADA TRALO FINAL DO MERCADO DE FICHAXES , (Record da nosa web de visitas nun día e nun mesmo intre).

 

 

A nosa web bateu record de visitas nun día e nun mismo intre. A nosa web neste día 31 de Xaneiro do 2020 chegou a cifra de 48.847 visitas, unha cifra record, e na derradeira media hora chegou a ter conectados a preto de 5.000 persoas ao mesmo tempo, record tamén da nosa web nos seus preto de 13 anos de vida.

 

7 Altas e 6 baixas no Depor

Acabou o merdado de fichaxes de inverno que se saldou no Depor coas altas de Emre Çolak, Sabin Merino, Agbo Uche, Hugo Vallejo, (con ficha do Fabril), Claudio Beauveu, Aleksandar Jovanovic e Keko Gontán. No eido das saidas : Sasa Jovanovic, (rescindido contrato), Samuele Longo, (recindido), Beto da Silva, (rescindido), Borja Galán, (cedido o Santander), Koke Vegas, (volveu o Levante), Lampropoulos, (cedido o Bochum alemán).

 

 

 

23:00 horas : O RC Deportivo fai oficial a fichaxe do extremo dereito de Brunete, chegado do Málaga CF, Keko Gontán de 28 anos. Xogador de talento que o pasado ano xogou en Primeira co Valladolíd 26 encontros marcando 2 goles e dando unha asistencia de gol. Comezou no Atlético de Madrid B, debutando no primeiro equipo e xogou tamén en equipos coma o Eibar, Girona, Catania, (Italia), Albacete, ou Cartagxena. Xa anunciábamos esta mañán polas noticias que nos chegaban dende Málaga. E a pasada semana pola información dun usuario andalúz da nosa web. Chega fichado para esta tempada e 2 máis.

 

 

 

Aleksandar Jovanovic…”In”.

 

Koke Vegas…”Out”.

 

22:40 horas : Koke Vegas tal e como apuntaban os rumores vaise o Levante e chega cedido o meta internacional por Serbia, Aleksandar Jovanovic, que militaba no Huesca. Polo tanto Fernando Vázquez terá que chamar a un porteiro para a convocatoria no eido de Koke Vegas, ou Álex Cobos do Fabril, ou o serbio recén contratado ata final de tempada.

 

Borja Galán…out”

20:20 horas : Borja Galán cedido ao Racing de Santander ata final de tempada. Un feito que fai máis verdadeira a inminente chegada do extremo Keko Contán dende Málaga. O de Brunete xa non adestrou esta mañán co clube malaguista.

 

Lampropoulos foi de menos a máis e a nada.

 

18:35 horas : Lampropoulos deixa o RC Deportivo. O internacional grego que foi de menos a máis con Luis César e que desapareceu do equipo con Fernando Vázquez, vaise cedido o VfL Bochum 1848, da Segunda División da Alemaña. Tanto pode chegar un novo central, o máis desexado Insua, como pode qedar a praza vacante con Eneko Bóveda, Peru Nolaskoain e Álex Bergantiños que poden xogar na zaga.

 

Samuele Longo…”Out”.

17:15 horas : O RC Deportivo finaliza o contrato de cesión por parte do Internacionale de Milán do xogador Samuele Longo. O dianteiro italiano foi posiblemente o fracaso maior en fichaxes desta tempada. Xogará no Venezia FC da Serie B italiana. Deixa agora unha ficha libre para posibles incorporacións.

12:00 horas : O Levante trata co RC Deportivo a volta do meta Koke Vegas o clube alacantino. A espera da resolución. De sair o Depor precisaría traer outroporteiro. Sona como sustituto en caso de que se vaia Koke Vegas, Aleksandar Jovanovic, que milita no Huesca. Meta internacional con Serbia.

11:00 horas : A espera de que o Göztepe afloxe para a volta de Celso Borges que xa ten sitio nas fichas ca marcha do extracomunitario Beto da Silva co que se chegou a un acordo de rescisión de contrato e que recala no Sporting Cristal de Perú, a sua terra natal.

10:45 horas : Dende Málaga apunta a que o extremo do Málaga CF, Keko, ex do Valladolid, está preto de asinar polo RC Deportivo, despois de rescindir contrato cos malaguistas.

 

-Fotos  e Texto : piratasdemuxia.es

-Fotos do Depor : As de marca de auga DEPOR

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.